Sociedade para o Progreso da Teoría Económica

A Sociedade para o Progreso da Teoría Económica, coñecida polo seu nome en inglés Society for the Advancement of Economic Theory, e polas siglas SAET, é unha asociación sen fin de lucro internacional fundada para promover o coñecemento de teoría económica e para facilitar a comunicación entre investigadores. Entre os seus membros cóntanse economistas, matemáticos ou teóricos do xogo, entre outros.

A asociación fundárona en 1991 os economistas Charalambos D. Aliprantis, Edward C. Prescott, e Nicholas C. Yannelis, e dende ese ano edita a prestixiosa revista científica do seu campo Economic Theory.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar