Sociedade científica

Unha sociedade científica é unha asociación de profesionais, investigadores, especialistas ou eruditos dunha rama do coñecemento ou das ciencias en xeral, que lles permite reunirse, expoñer os resultados das súas investigacións, confrontalos cos dos seus colegas ou especialistas dos mesmos dominios do coñecemento e difundir os seus traballos a través de publicacións especializadas.

Sede da Royal Society, en Carlton House Terrace, 6-9 (Londres).
A participación das sociedades científicas nos albores da ciencia moderna é un tema amplamente estudado e debatido. A historia da ciencia foi pródiga en analizar as orixes da Royal Society e das distintas Academias nacionais de ciencias do século XVII, o desenvolvemento das sociedades profesionais de científicos no século XIX ou a creación de asociacións científicas internacionais no marco do proceso de internacionalización da ciencia no século XX.(...)

Gibbons et al. caracterizaron o "Modo 2 de produción de coñecemento" como base da diversificación das institucións involucradas no proceso de investigación científica (...) Os estudos sociais da ciencia (...) prestaron maior atención aos colectivos non formalizados na ciencia, como a "república da ciencia" de Poliana, a "comunidade científica" de Hagstrom e Merton, os "colexios invisíbeis" de Crane, as "comunidades epistémicas" de Knorr-Cetina e o "campo científico" de Bourdieu. A literatura sociolóxica en si, onde o tema da participación asociativa é recorrente, abordou pouco o caso particular das asociacións científicas.(...)

Pódese debater (...) se as sociedades científicas seguen tendo razón de existir nun sistema cada vez máis polarizado entre o científico individual, coas súas estratexias e ambicións de carreira, a as instituciones académicas, presionadas a competir entre si por recursos escasos.[1]

Historia editar

Algunhas das sociedades científicas máis antigas son a Accademia dei Lincei (1603), a Academia francesa (1635), a Academia alemá das ciencias naturais – Leopoldina (1652), a Royal Society de Londres (1660) e a Academia de Ciencias de Francia (1666). No continente americano a máis antiga é a Sociedad Mexicana de Geografía y Estadística (1833).[2]

Características editar

A estrutura, obxectivos e actividades das sociedades científicas réxense de acordo a uns estatutos propios, regulados segundo as leis nacionais e internacionais. Entre as súas actividades adoitan incluírse as de tipo docente (cursos, talleres, seminarios, congresos, etc.) investigacións (teóricas ou aplicadas) e publicacións (libros, revistas, etc.). Como valor engadido conseguen o prestixio, tanto dos seus membros como o da organización que os vertebra. As sociedades científicas denomínanse, xeralmente, en función do territorio que abarcan (internacional, nacional, rexional ou local) e da rama do saber que estudan (medicina, literatura, etc.); as organizacións pequenas adoitan federarse con outras afíns para crear asociacións de rango superior.[3]

As sociedades científicas adoitan asesorar a gobernos e institucións públicas ou privadas sobre os coñecementos que as fundamentan mediante informes técnicos ou exemes periciais.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar