Sociedade Numismática Chinesa

asociación numismática da China

A Sociedade Numismática Chinesa (en chinés: 中国钱币学会; en pinyin: Zhōngguó qiánbì xuéhuì) é unha entidade asociativa de carácter numismático establecida na República Popular da China, que ten a súa sede social no Museo Numismático da China en Pequín.[1]

Sociedade Numismática Chinesa
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Área de operaciónRepública Popular da China
Data de fundación1982
SedePequín
PaísRepública Popular da China
Na rede
http://www.cnm.com.cn/qbbwgyw/143050/index.html
editar datos en Wikidata ]

Funcionamento editar

A Sociedade Numismática Chinesa fundouse en Pequín en 1982.[2] Trátase dunha asociación académica, non gobernamental, que está rexistrada nos ficheiros do Ministerio de Asuntos Civís. A Sociedade forma parte do Consello Internacional de Numismática (INC-CIN).[1]

Pola súa vez, está composta por diferentes entidades e institutos de investigación numismática, ademais de coleccionistas e outras persoas a título particular. Consonte os seus estatutos, algúns dos seus obxectivos principais son a unión de todos os individuos vinculados á numismática e a organización de diversas actividades académicas nese ámbito, así como o impulso dos estudos e das investigacións numismáticas e sobre a historia monetaria chinesa.[1]

A Sociedade Numismática Chinesa está suxeita á supervisión do Banco Popular da China e do Ministerio de Asuntos Civís do país. Do mesmo modo, atende ás orientacións da Academia Chinesa de Ciencias Sociais e do Ministerio de Cultura e da Administración Estatal do Patrimonio Cultural.[1]

Publicacións editar

中国钱币 – China Numismatics editar

É unha publicación periódica de carácter bimensual coeditada desde 1983 pola Sociedade Numismática Chinesa e o Museo Numismático da China. Trátase da única publicación de carácter académico centrada na numismática e na historia monetaria chinesas, aínda que en ocasións estende o seu obxecto de interese á moeda doutros países.[3]

A revista conta con seccións fixas, como "Foro numismático", "Investigación de historia monetaria", "Moeda bancaria e papel moeda", "Achados e tesouros" ou "Tendencias no coleccionismo de moedas".[3]

Anualmente, publica un sumario de traballos de investigación numismática que nos últimos anos se converteu na achega chinesa á serie Survey of Numismatic Literature, do Consello Internacional de Numismática.

Monografías editar

A Sociedade Numismática Chinesa publica unha serie de monografías acerca da historia monetaria da China, que xa supera a vintena de volumes:

  • (1996). 新疆红钱大全图说 ("Catálogo das moedas vermellas de Xinjiang"). ISBN 9787101015300
  • (1996). 新订北宋符合泉志 ("Nova edición do catálogo da dinastía Song do norte").
  • (1997). 秦汉钱币研究 ("Investigación sobre moedas de Qin e Han"). ISBN 9787101014273
  • (2000). 两宋铁钱 ("Moedas de ferro da dinastía Song do norte e do sur"). ISBN 9787101025224
  • (2000). 福建货币史略 ("Breve historia da moeda de Fujian"). ISBN 9787101030341
  • (2001). 中国钱票 ("Billetes dos bancos privados da China"). ISBN 9787101020953
  • (2001). 中国山西民间票帖 ("Billetes privados na provincia de Shanxi"). ISBN 9787101024562
  • (2001). 先秦货币研究 ("Investigación sobre as moedas anteriores á dinastía Qin"). ISBN 9787101028683
  • (2002). 咸丰钱的版式系列--自藏自拓咸丰钱集 ("Tipografía das moedas de Xianfeng"). ISBN 7-101-02416-5
  • (2002). 民国地方钱票图录 ("Catálogo de billetes locais da República de China"). ISBN 9787101028201
  • (2002). 钱币学与冶铸史论丛 ("Numismática e historia da metalurxia"). ISBN 9787101032598
  • (2004). 中国古代钱币合金成分研究 ("Investigación sobre a composición das aliaxes das moedas chinesas antigas"). ISBN 9787101040890
  • (2004). 两宋货币史料汇编 ("Documentos históricos sobre a moeda da dinastía Song"). ISBN 9787101042276
  • (2005). 半两钱研究与发现 ("Investigación e descuberta de moedas banliang"). ISBN 9787101039986
  • (2005). 永隆通宝钱范 ("Moldes longos de moedas tongbao"). ISBN 9787101044775
  • (2005). 世界各国铸币史. Cribb, J.; Carradice, I. The coin atlas: a comprehensive view of the coins of the world throughout history. ISBN 9787101041750
  • (2005). 中国近代机制币 ("Máquinas de cuñaxe modernas de China"). ISBN 9787101048704
  • (2006). 戴志强钱币学文集 ("Colección numismática de Dai Zhiqiang"). ISBN 9787101048476
  • (2006). 中国铜元分类研究 ("Clasificación dos iuans de cobre chineses"). ISBN 9787101049374
  • (2006). 清代地方私帖图录 ("Catálogo de billetes locais da dinastía Qing"). ISBN 9787101049657
  • (2008). 北宋铜钱 ("Moedas de bronce da dinastía Song do norte e do sur"). ISBN 9787101060645
  • (2009). 川康银锭 ("Lingotes de prata de Chuan-Kang"). ISBN 9787101063332
  • (2011). 钱币与西域历史研究 ("Moedas e historia das rexións occidentais"). ISBN 9787101075762
  • (2014). 金紫银青--金银钱币的研究与收藏 ("Tesouros de ouro e de prata. Investigación e colección de moedas de ouro e de prata"). ISBN 9787101092745
  • (2015). 新疆历史货币 ("Moeda histórica de Xinjiang"). ISBN 9787101057164
  • (2016). 新编顺治通宝钱谱 ("Nova edición do catálogo de moedas tongbao de Shunzhi"). ISBN 9787101105575

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "China Numismatic Society Arquivado 11 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". Sitio web do Museo Numismático da China.
  2. "China Numismatic Society". The British Museum.
  3. 3,0 3,1 "China Numismatics Arquivado 17 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web do Museo Numismático da China.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar