Teléfono intelixente

dispositivo portátil informático e de comunicacións
(Redirección desde «Smartphone»)

Teléfono intelixente (en inglés smartphone) é un termo comercial para denominar un teléfono móbil que ofrece máis funcións ca un teléfono celular común.

Samsung Galaxy Note

Características editar

Case todos os teléfonos intelixentes son móbiles que soportan completamente un cliente de correo electrónico coa funcionalidade completa dun organizador persoal. Unha característica importante de case todos estes teléfonos é que permiten a instalación de programas para incrementar o procesamento de datos e a conectividade.

As aplicacións poden ser desenvolvidas polo fabricante do dispositivo, polo operador ou por un terceiro. O termo intelixente/smart fai referencia a calquera interface, como un teclado QWERTY en miniatura, unha pantalla táctil ou simplemente o sistema operativo móbil que posúe, diferenciando o seu uso mediante unha exclusiva disposición dos menús, teclas, atallos etc.

O completo soporte ao correo electrónico parece ser unha característica indispensábel atopada en todos os modelos existentes e anunciados dende 2007. Case todos os teléfonos intelixentes tamén permiten ao usuario instalar programas adicionais, normalmente inclusive desde terceiros -feito que dota a estes teléfonos de moitísimas aplicacións en diferentes terreos-, pero algúns vendedores gustan de tachar aos seus teléfonos como intelixentes aínda cando non teñen esa característica. Algúns exemplos de teléfonos denominados intelixentes son: Serie MOTO Q de Motorola, Nokia series E, series N e algún modelo da serie X como o X6 BlackBerry, Samsung Galaxy S, iPhone e todos os que teñen o sistema operativo Android, por exemplo: Google Nexus One, Motorola Milestone e Sony Ericsson Xperia Arc.

Entre outras características comúns está a función multitarefa, exceptuando as versións anteriores a iOS 4.0, o acceso a Internet vía Wifi ou 3G, aos programas de axenda, a unha cámara dixital integrada, administración de contactos, acelerómetros, GPS e algúns programas de navegación así como ocasionalmente a habilidade de ler documentos de negocios en variedade de formatos como PDF e Microsoft Office.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar