Slipknot

grupo estadounidense de heavy metal

Slipknot é un grupo estadounidense de heavy metal formado en 1995 en Des Moines (Iowa). As influencias do grupo inclúen entre outros xéneros o death metal, o thrash metal e o heavy metal, aínda que adoitan ser catalogados dentro do metal alternativo e o nu metal.[5][6][7][8] O percusionista Shawn Crahan e o batería Joey Jordison fundaron o grupo en setembro de 1995, e tras varios cambios de membros nos seus primeiros anos, o grupo estivo composto de nove membros durante máis dunha década: Corey Taylor, Mick Thomson, Jim Root, Paul Gray, Craig Jones, Sid Wilson, Shawn Crahan, Chris Fehn e Joey Jordison. Gray faleceu o 24 de maio de 2010, sendo substituído ata 2014 por Donnie Steele. Jordison deixou o grupo o 12 de decembro de 2013. Steele saíu do grupo durante a gravación de .5: The Gray Chapter, e o grupo pasou a realizar unha xira cos músicos Alessandro Venturella no baixo e Jay Weinberg na batería.

Slipknot
Actuación no Graspop metal meeting (2011)
OrixeDes Moines (Iowa), Estados Unidos de América Estados Unidos
PeríodoDende 1995
Xénero(s)Nu metal,[1][2] metal alternativo[3][4]
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner
MembrosCorey Taylor
Mick Thomson
Jim Root
Craig Jones
Sid Wilson
Shawn Crahan
Chris Fehn
Antigos membrosAnders Colsefni
Donnie Steele
Josh Brainard
Paul Gray
Greg Welts
Brandon Darner
Joey Jordison
Artistas relacionadosStone Sour, Murderdolls, To My Surprise, Scar the Martyr, Roadrunner United
Na rede
http://www.slipknot1.com/
IMDB: nm1446314 Facebook: slipknot Instagram: slipknot MySpace: slipknot1 Youtube: UCOJZ1tna8yj8mAEITPkHNCQ TikTok: slipknot Souncloud: slipknot Spotify: 05fG473iIaoy82BF1aGhL8 iTunes: 6907568 Last fm: Slipknot Musicbrainz: a466c2a2-6517-42fb-a160-1087c3bafd9f Songkick: 1012485 Discogs: 38523 Allmusic: mn0000750742 Deezer: 117 Genius: Slipknot Editar o valor em Wikidata

O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo.[9][10] Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo,[11] acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell, e catro DVD de directo.

Historia editar

Primeiros anos (1995-1998) editar

Slipknot formouse en Des Moines, Iowa en setembro de 1995 baixo o nome de "The Pale Ones"[13] con Shawn Crahan na batería, Anders Colsefini como vocalista, Paul Gray como baixista e Donnie Steele coma guitarrista.[13] Joey Jordison integrouse ao grupo pouco tempo despois, ocupando o posto de batería, pasando Crahan a ocuparse da percusión.[14] Seguidamente contrataron a Josh Brainard coma guitarrista, e Colsefini converteuse no segundo percusionista manténdose no posto de vocalista.[15]

A súa primeira actuación, baixo o nome de Meld, foi o 4 de decembro de 1995 en Des Moines.[16] Nesas mesmas datas Jordison propuxo substituí-lo nome do grupo por Slipknot, sacado do título dun tema composto por el para o que sería a primeira demo do grupo, titulada Mate.Feed.Kill.Repeat.[17] O grupo comezou a experimentar coa súa imaxe empregando maquillaxe grotesca, chegando finalmente ao uso de máscaras.[18]

Comezaron a gravar material no SR Audio, un estudio local da súa cidade.[19] Sen presuposto para a gravación, víronse obrigados a financiar eles mesmos o proxecto, que chegou a un custo estimado de 40 000 $.[20] En febreiro de 1996, o guitarrista Donnie Steele abandonou o grupo debido ás súas crenzas relixiosas, sendo substituído por Craig Jones durante as gravacións do grupo.[21] Comezaron a empregar samples nas súas gravacións, ao que se adicaría Craig Jones nos directos, polo que Mick Thomson entrou no grupo coma novo guitarrista.[22] Publicaron a súa primeira demo titulada Mate. Feed. Kill. Repeat. o 31 de outubro de 1996, coincidindo coa festividade de Halloween.[8]

A distribución da demo entre as discográficas locais incrementou a popularidade do grupo nas estacións de radio da zona, pero sen que o grupo chegara a conseguir ningún contrato.[23] De volta ao estudio para gravar novo material, o grupo buscou incluír voces máis melódicas nos seus temas,[24] polo que contrataron a Corey Taylor coma vocalista, pertencente ao grupo, tamén de Des Moines, Stone Sour. Colsefini pasou a ocuparse da percusión e os coros,[24] pero anunciou o seu abandono do grupo pouco tempo despois.[24] O seu lugar foi ocupado por Greg Welts, que sería posteriormente expulsado do grupo por motivos non declarados.[25] Debido a estes cambios, Chris Fehn entrou no grupo e converteuse no novo percusionista.[26] A finais de 1997 asignáronse a cada un dos membros un número e comezaron a usar disfraces nas súas actuacións.[27]

A comezos de 1998 publicaron outra demo enviada a varios selos discográficos,[28] medrando o interese polo grupo entre elas, e facendo que o produtor Ross Robinson accedese a traballar con eles.[28][29] Contrataron a DJ Sid Wilson, que demostrara forte interese pola banda.[30] Trala chegada de Robinson comezaron a chegarlles as ofertas de varias compañías discográficas,[31] e finalmente o 8 de xullo de 1998 o grupo firmou un contrato con Roadrunner Records.[25]

Slipknot e o salto á fama (1998-2001) editar

Véxase tamén: Slipknot (álbum).
 
Corey Taylor.

A finais de 1998 os nove membros de Slipknot volveron ao estudio para gravar novo material,[32] pero pouco tempo despois Brainard decidiría abandonar o grupo.[33] Jim Root incorporouse a eles e o grupo volveu ao traballo na gravación do seu primeiro álbum de estudio.[34]

O traballo no seu álbum rematou a comezos de 1999, o que permitiu ao grupo formar parte da xira Ozzfest en 1999.[8] A xira axudou a aumenta-la popularidade do grupo, e o seu primeiro álbum, Slipknot, foi publicado o 29 de xuño de 1999,[35] seguido de dous sinxelos, "Wait and Bleed" e "Spit It Out".[8] A comezos de 2000 Slipknot foi certificado coma disco de platino, sendo o primeiro publicado por Roadrunner Records en acadar esa distinción.[36]

Iowa e primeira paréntese (2001-2003) editar

Véxase tamén: Iowa (álbum).

A comezos de 2001 o grupo comezou a gravación do seu segundo álbum nos estudios "Sound City" e "Sound Image" nos Ánxeles,[8][37] aínda que comezaron a xurdir conflitos entre os membros do grupo debido ás extensivas xiras e horarios de gravación.[38] Porén, remataron a gravación do disco en febreiro dese ano, embarcándose na xira Iowa World Tour.[39] O álbum, titulado Iowa, foi publicado o 28 de agosto de 2001, chegando ao número tres da lista Billboard.[40] Do álbum sacaron tres sinxelos, "The Heretic Anthem" (sinxelo promocional), "Left Behind" e "My Plague", este último facendo unha aparición na Banda sonora orixinal do filme Resident Evil.[41][42]

No 2002 Slipknot fixo a súa primeira e única aparición nun filme, tocando a canción "I Am Hated" nunha escena de Rollerball.[43] A publicación do álbum e a promoción do mesmo tiveron como resultado locais completos de público nas súas actuacións en varios países.[44] Non obstante, a mediados de 2002, o grupo separouse temporalmente por primeira vez na súa historia debido aos conflitos internos, e varios dos membros centráronse en proxectos paralelos.[45] Corey Taylor e Jim Root retomaron a actividade co seu grupo Stone Sour, Joey Jordison creou o grupo Murderdolls, Shawn Crahan fundou To My Surprise, e Sid Wilson seguiu en solitario baixo o alcume de DJ Starscream.[45] Isto fixo que o futuro de Slipknot non estivese claro e apareceron especulacións e dúbidas sobre a separación do grupo.[46] Aínda con todo isto, o 22 de novembro de 2002 publicouse o segundo DVD do grupo, titulado Disasterpieces.[47]

Vol. 3: (The Subliminal Verses) e segunda paréntese (2003-2007) editar

 
Actuación do grupo en 2005.

O grupo reuniuse de novo a mediados do 2003 nos estudios The Mansion nos Ánxeles para comezar a traballar no que sería o seu terceiro álbum xunto co produtor Rick Rubin.[48] A comezos de 2004 tiñan rematado o traballo no álbum e comezaron a xira "The Subliminal Verses World Tour" en marzo dese mesmo ano.[49] Vol. 3: (The Subliminal Verses) foi publicado o 24 de maio de 2004, chegando ao número dous da lista Billboard.[50] Do álbum saíron seis sinxelos: "Duality", "Vermilion", "Vermilion, Pt. 2", "Before I Forget", "The Nameless" e "The Blister Exists". Slipknot gravou o seu primeiro álbum de directos 9.0: Live durante a xira do seu terceiro álbum. Publicado o 1 de novembro de 2005, chegou a estar no posto 17 da lista Billboard.[51] A súa xira continuou durante todo o 2004 ata finais de 2005, xusto antes dunha nova separación temporal do grupo.

En 2005 varios dos membros de Slipknot participaron no Roadrunner United: The All-Star Sessions, un álbum colaborativo de varios artistas contratados por Roadrunner Records. No 2006 Slipknot gañou o seu primeiro e único Grammy, levando o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O 5 de decembro de 2006, Slipknot publicou o seu terceiro DVD Voliminal: Inside the Nine.[52] Nunha nova separación temporal do grupo, varios dos membros volveron a centrarse nos seus proxectos paralelos: Corey Taylor e Jim Root volveron ao grupo Stone Sour, Joey Jordison produciu o álbum Fire Up the Blades do grupo 3 Inches of Blood, Shawn Crahan fundou Dirty Little Rabbits e Sid Wilson retornou en solitario coma DJ Starscream de novo.

All Hope Is Gone, terceira pausa e morte de Gray (2008-2010) editar

Véxase tamén: All Hope Is Gone.
 
Paul Gray no Mayhem Festival de 2008.

A gravación do seu seguinte disco comezou no Sound Farm Studio en Jamaica, Iowa, co produtor Dave Fortman en febreiro de 2008.[53] Tras rematar a gravación o grupo comezou a xira All Hope Is Gone World Tour o 9 de xullo de 2008.[54] O cuarto álbum de Slipknot foi titulado All Hope Is Gone, e publicouse o 20 de agosto de 2008, entrando no primeiro posto da lista Billboard.[55]

Sacaron cinco sinxelos do álbum: "All Hope Is Gone", "Psychosocial", "Dead Memories", "Sulfur" e "Snuff". Ao finalizar as xiras o 31 de outubro dese mesmo ano, o grupo volveu entrar nunha pausa temporal,[56] dutante a cal os membros do grupo volveron a retomar proxectos persoais. Corey Taylor fundou o grupo Junk Beer Kidnap Band e retomou a actividade con Stone Sour xunto a Jim Root. Shawn Crahan continuou o traballo co seu grupo Dirty Little Rabbits. Joey Jordison retornou á Murderdolls e converteuse no batería permanente de Rob Zombie. Chris Fehn pasou a ser o baixista do grupo de metalcore Will Haven e Sid Wilson foundou o grupo Sid.

No 2008 o grupo fundou unha liña de roupa chamada Tattered and Torn en colaboración coa compañía Bravado.[57] O nome procede dunha canción do grupo incluída no seu primeiro álbum Slipknot publicado no 1999 e na súa demo Mate. Feed. Kill. Repeat. de 1996.[57] As primeiras pezas desta liña de roupa foron camisetas e suadoiros, que se puxeron á venda a finais de xullo de 2008 nas tendas Hot Topic de Norteamérica e na súa páxina web.[58] O grupo ten recoñecido que o merchandising é a súa maior fonte de ingresos.[57]

En 2010 Paul Gray tiña planeada unha xira co supergrupo Hail!, pero o 24 de maio dese ano foi atopado morto nun hotel de Urbandale, Iowa.[59][60] As circunstancias da súa morte foron descoñecidas inicialmente, xa que a autopsia inicial non indicou causas violentas pero tampouco determinou a causa concreta do falecemento.[61] Ao día seguinte da súa morte, os demais membros do grupo deron unha conferencia de prensa sen as súas máscaras xunto á viúva e o irmán de Paul Gray, expresando os seus sentimentos sobre o ocorrido.[62] O 21 de xuño confirmouse que a causa do falecemento fora unha sobredose accidental de morfina e fentanil, un substituto sintético da morfina.[63]

Era todo o que é marabilloso desta banda e grupo de persoas. A única forma na que podo describir a Paul Gray é amor.
Corey Taylor sobre a morte de Paul Gray[64]

Antennas to Hell e Knotfest (2010-2012) editar

Véxase tamén: Antennas to Hell.

O grupo reuniuse de novo en 2011 para facer varias xiras por Europa. Foron cabezas de cartel no Sonisphere e o Rock in Rio xunto a Iron Maiden e Metallica.[65][66] Donnie Steele substituíu a Paul Gray nestes concertos, aínda que nas actuacións apareceu agochado detrás de Joey Jordison.[67] Os membros do grupo confirmaron en declaracións á prensa que completarían e publicarían o seu quinto álbum de estudio sen ter plans para substituír a Paul Gray.[68][69]

No 2012 Slipknot actuou no Mayhem Festival[70] e o 29 de maio dese ano Roadrunner Records publicou un vídeo promocional na súa web titulado Antennas to Hell.[71] Ese mesmo día Corey Taylor revelou en Twitter que Slipknot publicaría un álbum de grandes éxitos o 17 de xuño de 2012.[71]

O grupo organizou o seu primeiro festival anual de música, chamado Knotfest, que tivo lugar o 17 de agosto de 2012 en Pacific Junction, Iowa, e o 18 de agosto do mesmo ano en Somerset, Wisconsin. No festival actuaron ademais outros grupos coma Deftones, Lamb of God ou Serj Tankian. O 14 de xuño de 2013 Slipknot actuou de novo no Download Festival, perante unha audiencia de 90 000 persoas.[72]

.5: The Gray Chapter (dende 2013) editar

Véxase tamén: .5: The Gray Chapter.
 
Slipknot no Roskilde Festival en 2013.

A produción do quinto álbum de estudio do grupo comezou a finais de 2013. Corey Taylor describiuno coma un álbum "moi escuro" e unha mestura entre Iowa e Vol. 3: (The Subliminal Verses).[73] Jim Root non participou nunha xira de Stone Sour en xaneiro para escribir novo material para Slipknot.[74] O 12 de decembro de 2013 Slipknot anunciou na súa web oficial que o batería Joey Jordison deixara o grupo, tras 18 anos, citando motivos persoais,[75][76] ao que Jordison respondeu máis tarde, por medio da súa páxina oficial de Facebook, afirmando que el non fora quen tomara a decisión de deixa-lo grupo.[77]

En xullo de 2014 o grupo comezou a promocionar o seu seguinte disco na súa web e nas redes sociais por medio de mensaxes crípticas e imaxinería sanguenta.[78][79] O primeiro sinxelo do álbum, "The Negative One", foi publicado o 1 de agosto dese ano[80] xunto cun vídeo musical dirixido por Shawn Crahan, no que non aparecía ningún dos membros do grupo.[81] O 24 de agosto Slipknot publicou un novo sinxelo titulado "The Devil In I" e confirmou que o título do álbum sería .5: The Gray Chapter, que sería publicado o 18 de outubro dese mesmo ano.[82][83] Esta data foi mudada ao 17 de outubro para os Países Baixos e Australia, o 20 de outubro para o Reino Unido e o 21 de outubro para o resto do mundo.[84] Slipknot comezou unha xira por Norteamérica o 25 de outubro na segunda iteración do Knotfest.[85] A xira, alcumada "Prepare for Hell", foi feita xunto a Korn e King 810.[86][87] O grupo ademais confirmou a súa asistencia ao Soundwave en Australia no 2015.[88]

Slipknot incorporou a un novo baixista e un novo batería para substituír a Paul Gray e Joey Jordison, con Shawn Crahan sendo o encargado de deseñar unha máscara nova para ambos, diferenciándoos así do resto dos membros do grupo.[89] O vídeo oficial de "The Devil In I" foi publicado o 12 de setembro, incrementando as especulacións sobre as identidades do batería e o baixista, pero os seus nomes non foron revelados oficialmente.[90][91] O 3 de decembro un técnico da xira de Slipknot publicou unha fotografía nas redes sociais que confirmaba ao baixista Alessandro Venturella e ao batería Jay Weinberg coma membros da xira.[92] O sinxelo "The Negative One" foi nomeado ao Grammy á mellor actuación de metal de 2014 na 57ª edición dos Premios Grammy.[93]

O 11 de marzo de 2015, non estando de xira, o guitarrista Mick Thomson foi hospitalizado tras unha pelexa doméstica co seu irmán na que ámbolos dous recibiron feridas por arma branca, graves pero non letais.[94] O 2 de agosto de 2015 durante un concerto en Hartford, Connecticut, o grupo tivo que deter a actuación cando o músico Alessandro Venturella tivo que ser trasladado de emerxencia ao hospital. O grupo continuou a actuación 20 minutos despois sen o baixista,[95] e posteriormente o grupo informou aos medios de comunicación que Venturella fora hospitalizado tras desmaiarse debido a unha deshidratación extrema.[96] Nos seguintes concertos Venturella tocou dende o backstage,[97][98] volvendo á fronte do escenario o 8 de agosto nunha actuación en Toronto.[99]

Estilo e temática editar

 
Shawn Crahan cunha variante da súa máscara no 2009.

Slipknot toma influencias dunha gran variedade de estilos e grupos, máis notablemente de grupos de hard rock e heavy metal coma Faith No More, Kiss, Black Sabbath, Helmet, Slayer, Fear Factory, Godflesh, Skinny Puppy, Neurosis, Judas Priest, Metallica, White Zombie, Led Zeppelin e Beastie Boys.[6][7][8][100] Os medios adoitan incluílos entre os pioneiros da New Wave of American Heavy Metal, recibindo comparacións con grupos como Pantera, Machine Head, Hatebreed, Life of Agony e Prong.[101] Tamén se lles considera dentro do xénero do nu metal,[1][2][102][103] aínda que os membros do grupo prefiren distanciarse doutras bandas do xénero coma Korn ou Limp Bizkit, indicando que esta asociación é unha simple coincidencia no tempo da súa emerxencia.[104]

O seu son caracterízase por tons baixos de guitarra, unha gran sección de percusión, samples e táboas de mesturas.[105] O seu estilo vocal inclúe voces guturais, gritos, coros e canto melódico ocasional.[105] As súas letras xeralmente seguen unha tonalidade agresiva, explorando temáticas que inclúen a escuridade, o nihilismo, odio, ira ou psicopatías.[8][106] No álbum All Hope is Gone o grupo achegouse máis ao groove metal e o heavy metal máis tradicional,[2][107][108][109] con influencias do thrash metal e death metal.[108] O grupo tamén está considerado dentro do xénero do metal alternativo.[3][4][110][111]

As súas actuacións en directo son coñecidas por ser enerxéticas e caóticas.[8][104][112] As primeiras actuacións do grupo incluso chegaron a incluír actos cualificados coma extemos, cos membros do grupo lánzandose ao público dende grandes alturas e prendéndose lume os uns aos outros.[113][114][115] Non obstante, nas súas actuacións máis recentes tenden a non realizar este tipo de feitos tan extremos. Slipknot emprega configuracións moi elaboradas dos palcos nas súas actuacións, incluíndo elementos pirotécnicos, plataformas elevadas, elementos hidráulicos e grandes monitores entre outros elementos escénicos.[112] Alistair Lawrence de Kerrang! indicou nunha crítica que "a coreografía caótica ten demasiadas facetas para describir por completo",[116] mentres que NME describiu unha das súas actuacións coma unha "escena de caos".[115]

Imaxe e identidades editar

Slipkot é coñecido pola súa imaxe impactante, xa que os membros do grupo levan uniformes iguais, teñen máscaras únicas para cada un e identifícanse cun número asignado a cada un deles.[8] A idea orixinal das máscaras nas súas actuacións atribúese habitualmente a unha máscara de pallaso que Shawn Crahan adoitaba levar nas primeiras actuacións dos comezos do grupo.[13] O concepto evolucionou a partir de aí, e dende 1997 o grupo decidiu que cada membro levaría unha máscara individual e os uniformes iguais entre eles.[117] Varios membros do grupo tamén teñen declarado que levar as máscaras axudoulles a manter a privacidade.[118]

Os uniformes e máscaras foron cambiando ao longo da carreira do grupo con cada publicación dun novo disco.[119][120] Os cambios nas máscaras non foron drásticos, senón que foron seguindo o mesmo estilo orixinal de cada un pero con novos elementos engadidos.[121]

Controversias editar

Algunhas das letras das cancións de Slipknot foron relacionadas con incidentes violentos e criminais. No 2003, dous rapaces de San Bernardino (California), acoitelaron e mataron a outro, alegando que a culpa do crime foran as letras da canción "Disasterpiece".[122] Noutro incidente, no 2006 en Kansas City, as letras da canción "Surfacing" foron atopadas nunha tumba dun cemiterio que fora roubada.[123]

Mushroomhead, outro grupo de heavy metal estadounidense, acusou a Slipknot de roubarlles a imaxe, debido ás semellanzas de ámbolos dous grupos, particularmente no uso das máscaras.[124] Aínda que Slipknot admitiu estas semellanzas, mantiveron que simplemente era unha coincidencia, xa que os dous grupos comezaran na mesma época sen coñecemento mutuo.[125]

Na cultura popular editar

Slipknot aparece mencionado no tema Vatican Broadside do grupo inglés de indie rock Half Man Half Biscuit no seu EP de 2001 Editor's Recommendation.[126] No videoxogo World of Warcraft existe un personaxe non xogador chamado Gravis Slipknot, que cando ataca ao xogador amosa a frase "Saúdos, desafortunado aventureiro. Só che pido que agardes un momento...e SANGRES!"[127][128] facendo referencia ao tema Wait and Bleed do grupo.

Membros editar

Cronoloxía editar

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Título Detalles Máxima posición nas listas Certificacións
 
USA
[130]
 
AUS
[131]
 
AUT
[132]
 
BEL
[133]
 
FRA
[134]
 
DEU
[135]
 
NLD
[136]
 
NZL
[137]
 
SWE
[138]
 
GBR
[139]
Slipknot 51 32 44 175 57 42 49 53 37
Iowa
  • Publicado: 28 de agosto de 2001
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
3 2 8 4 7 4 15 5 10 1
Vol. 3: (The Subliminal Verses)
  • Publicado: 25 de maio de 2004
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
2 2 5 6 6 2 14 3 2 5
All Hope Is Gone
  • Publicado: 26 de agosto de 2008
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
1 1 2 5 3 2 6 1 1 2
.5: The Gray Chapter
  • Publicado: 21 de outubro de 2014
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
1 1 2 12 8 2 13 2 3 2
We Are Not Your Kind
  • Publicado: 9 de agosto de 2019
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, descarga dixital
1 1 3 1 1 2 9 2 4 1
The End, So Far
  • Publicado: 2022

Álbums de directos editar

Título Detalles Máxima posición nas listas Certificacións
 
USA
[130]
 
AUS
[131]
 
AUT
[132]
 
BEL
[133]
 
FRA
[134]
 
DEU
[135]
 
NLD
[136]
 
SWE
[138]
 
CHE
[151]
 
GBR
[139]
9.0: Live
  • Publicado: 30 de outubro de 2005
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, descarga dixital
17 26 18 53 41 24 71 40 43 53

Compilatorios editar

Título Detalles Máxima posición nas listas
 
USA
[130]
 
AUS
[131]
 
AUT
[132]
 
BEL
[133]
 
FRA
[134]
 
DEU
[135]
 
NLD
[136]
 
SWE
[138]
 
CHE
[151]
 
GBR
[139]
Antennas to Hell
  • Publicado: 23 de xullo de 2012
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, descarga dixital
18 16 10 32 86 10 79 13 23 22

DVD editar

Título Detalles Máxima posición nas listas Certificacións
 
US
Vídeo

[152]
 
FIN
DVD

[153]
 
DEU
[135]
 
NZL
DVD

[154]
Welcome to Our Neighborhood
  • Publicado: 9 de novembro de 1999
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: VHS, DVD
1
Disasterpieces
  • Publicado: 25 de novembro de 2002
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: DVD
3 1
  • RIAA: 4× Platino[140]
  • BVMI: Ouro
Voliminal: Inside the Nine
  • Publicado: 5 de decembro de 2006
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: DVD
5 84
(sic)nesses
  • Publicado: 28 de setembro de 2010
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: DVD, Blu-ray
1 1 58 3

Sinxelos editar

Título Ano Máxima posición nas listas Álbum
 
USA
 
USA
Alt.

[155]
 
USA
Main. Rock

[156]
 
AUS
[157]
 
FRA
[134]
 
DEU
[158]
 
IRL
[159]
 
NLD
[136]
 
SWE
[138]
 
GBR
[160]
"Wait and Bleed" 1999 34 46 52 27 Slipknot
"Spit It Out" 97 28
"Left Behind" 2001 30 97 42 24 Iowa
"My Plague" 46 43
"Duality" 2004 106[a] 6 5 74 28 43 63 35 15 Vol. 3: (The Subliminal Verses)
"Vermilion" 17 14 74 31
"Before I Forget" 2005 32 11 35
"The Nameless" 25
"All Hope Is Gone" 2008 42 98 All Hope Is Gone
"Psychosocial" 102[b] 20 7 84 100 31 28 67
"Dead Memories" 19 3
"Sulfur" 2009 18
"Snuff" 110[c] 12 2
"The Negative One" 2014 33 76 71 .5: The Gray Chapter
"The Devil In I" 123[d] 2 88 135[161]
"Custer" 2015 28

Premios e nomeamentos editar

Slipknot foi nomeado a oito Premios Grammy, e gañou un deles:

Xiras musicais editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  • a ^ "Duality" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 6 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
  • b ^ "Psychosocial" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 2 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
  • c ^ "Snuff" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 10 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
  • d ^ "The Devil In I" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 23 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
Referencias

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 Unterberger, Andrew (10 de setembro de 2004). "Top Ten Nu-Metal Bands". Stylus magazine. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Deeds, Michael (2 de xuño de, 2004). "6 Nu-Metal Bands You Shouldn't Be Ashamed of Liking". The Washington Post. Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Records, Roadrunner (12 de xullo de 2011). "Slipknot Announces New Album Title!". Roadrunner Records. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Larkin, Colin (2011). The Encyclopedia of Popular Music. Omnibus Press. ISBN 0857125958. 
  5. BlackGoat (ed.). "Slipknot, SlipKnot, Slip Knot, Slipknot, SlipKnot, Slip Knot". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2008. 
  6. 6,0 6,1 Udo, Tommy (2002). Sanctuary Publishing, ed. Brave Nu World. pp. 124. ISBN 186074415X. 
  7. 7,0 7,1 Mudrian, Albert (2004). Feral House, ed. Choosing Death:The Improbable History of Death Metal and Grindcore. pp. 258. ISBN 193259504X. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 8,8 Huey, Steve. Allmusic, ed. "Slipknot Biography" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2013. 
  9. "Slipknot". AllMusic. Consultado o February 4, 2013. 
  10. Slipknot: Unmasked. Joel McIver. December 1, 2001. 
  11. Roadrunner Records, ed. (31 de xullo de 2008). "Slipknot Tops Bill On Mayhem Festival". Blabbermouth.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de febreiro de 2008. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "List of Grammy winners". CNN. 9 de febreiro de 2006. Consultado o 13 de decembro de 2007. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Arnopp 2001, p. 40
  14. Arnopp 2001, p. 41
  15. Arnopp 2001, p. 42
  16. McIver 2003, p. 17
  17. Arnopp 2001, p. 43
  18. Arnopp 2001, pp. 43–45
  19. McIver 2003, pp. 19–21
  20. Arnopp 2001, pp. 45–47
  21. Arnopp 2001, pp. 50–51
  22. Arnopp 2001, p. 57
  23. McIver 2003, pp. 38–39
  24. 24,0 24,1 24,2 Crampton 2001, pp. 24–25
  25. 25,0 25,1 McIver 2003, p. 54
  26. Arnopp 2001, p. 78
  27. Arnopp 2001, pp. 80–81
  28. 28,0 28,1 Arnopp 2001, pp. 82-83
  29. Arnopp 2001, pp. 84–86
  30. Crampton 2001, p. 50
  31. Arnopp 2001, pp. 93–96
  32. Crampton 2001, p. 30
  33. Crampton 2001, p. 35
  34. McIver 2003, pp. 61–63
  35. Anderson, Rick. "Slipknot album review". allmusic. Consultado o 15 de decembro de 2007. 
  36. Slipknot – X-Posed, The Interview (CD). UK: Chrome Dreams. 2001. Escena en 7:00. 
  37. Porter, Dick (2003). Rapcore: The Nu-Metal Rap Fusion. London: Plexus. p. 132. ISBN 0-85965-321-8. 
  38. "Joey Jordison plunges into Slipknot hell". Drum!. outubro de 2008. pp. 44–45. 
  39. Killin, Cartiona (25 de xaneiro de 2002). "Rebels with a Cause". Daily Record. p. 62. 
  40. "Billboard.com's page on Iowa". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de setembro de 2010. 
  41. "The joy of 666". NME (UK). 15 de maio de 2001. Consultado o 25 de abril de 2009. 
  42. "Resident Evil (2002) – Soundtracks". Internet Movie Database. Consultado o 5 de setembro de 2008. 
  43. "Archive News". Blabbermouth.net. 6 de agosto de 2001. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  44. McIver 2003, p. 103
  45. 45,0 45,1 McIver 2003, pp. 107–110
  46. Charlotte Lewin (Director) (2004). Slipknot – Up To Our Necks (DVD). UK: Chrome Dreams. Escena en 57:51. 
  47. "Slipknot Advance DVD Screening To Be Held In New York City". Blabbermouth.net. 12 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  48. "Slipknot Singer Says 'A Lot Has Changed' With The Band Since 'Iowa'". Blabbermouth.net. 5 de agosto de 2003. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  49. Wiederhorn, Jon (3 de setembro de 2004). "Slipknot Ready To Unveil New Masks, Subliminal LP". VH1. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2008. Consultado o 2008-07-15. 
  50. "Band Bio on Roadrunnerrecords.com". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 11 de febreiro de 2007. 
  51. "Billboard.com's listing of 9.0:Live". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  52. "Slipknot: new DVD artwork revealed". Blabbermouth.net. 16 de outubro de 2006. Consultado o 16 de outubro de 2006. 
  53. Epstein, Dan (agosto de 2008). "Wait and Bleed". Revolver: pp. 54–6. 
  54. "Slipknot, Disturbed, Dragonforce, Mastodon: Complete 'Rockstar Energy Mayhem' Details Revealed". Blabbermouth.net. 30 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  55. "Billboard.com's page on All Hope Is Gone". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2010. 
  56. "Slipknot Announces Fall Tour Dates". Blabbermouth.net. 3 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 3 de setembro de 2009. 
  57. 57,0 57,1 57,2 "Slipknot offers fans Tattered ready-to-wear". Reuters. 11 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2008. 
  58. "Slipknot's 'Tattered And Torn' Clothing Line; First T-Shirt Designs Unveiled". Blabbermouth.net. 27 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2008. 
  59. "Slipknot Bassist Paul Gray Found Dead". FMQB. 24 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  60. "Slipknot bassist Paul Gray dead". Metro. 25 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  61. "Autopsy fails to determine cause of death of Slipknot bassist". USA Today. 25 de maio de 2010. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  62. Kreps, Daniel (26 de maio de 2010). "Slipknot Remember Life of Late Bassist Paul Gray". RollingStone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2010. 
  63. Goldsmith, Belinda (22 de xuño de 2010). "Slipknot Bassist Died Of 'Accidental' Overdose". Reuters. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  64. "Slipknot Holds News Conference To Address Passing Of Bassist Paul Gray" (en inglés). Blabbermouth.net. 25 de maio de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2010. He was everything that was wonderful about this band and about this group of people. The only way I can sum up Paul Gray is 'love'. 
  65. "Sonisphere France – Amnéville on July 8-9, 2011". All Metalfest (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2013. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  66. "Rock in Rio en el tiempo: 2011". Rock in Rio (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  67. "SLIPKNOT's First Show Since Death Of PAUL GRAY: HD Video Footage Available - June 20, 2011". Blabbermouth.net. 21 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 3 de setembro de 2011. 
  68. "COREY TAYLOR On Possibility Of Another SLIPKNOT Album: 'I Don't See It Happening Very Soon'". 4 de marzo de 2011. Consultado o 5 de marzo de 2011. 
  69. Graff, Gary (2010-11-30). "Slipknot Prepping First Album Since Bassist's Death". Consultado o 10 de decembro de 2010. 
  70. Pasbani, Robert (25 de xaneiro de 2012). "Rockstar Mayhem Fest 2012 Full Lineup & Tour Dates Revealed [SLIPKNOT, SLAYER]". Metal Injection (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  71. 71,0 71,1 Boward, Chad (29 de maio de 2012). "Slipknot Prepping Greatest Hits Release, Working on New Demos". Loudwire. Consultado o 30 de maio de 2012. 
  72. "Slipknot close first night of Download rock festival". BBC news. 15-6-2013. Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  73. Kennelty, Greg (21 de outubro de 2013). "SLIPKNOT Frontman Says New Material Is "Really Dark," Will Be A Mix of Iowa & Vol. 3". MetalInjection . Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  74. Pasbani, Robert (12 de abril de 2013). "SLIPKNOT So Serious About Writing New Music That Guitarist Jim Root Is Sitting Out The Next STONE SOUR Tour". MetalInjection. Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  75. Rutherford, Kevin (13 de decembro de 2013). "Slipknot, Drummer Joey Jordison Part Ways". Billboard. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  76. "Drummer Joey Jordison leaves Slipknot". NME. 13 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  77. Kennelty, Greg (2 de xaneiro de 2014). "Joey Jordison: "I Did Not Quit SLIPKNOT"". MetalInjection. Consultado o 2014-01-09. 
  78. Childers, Chad. "Slipknot reveal fifth new album teaser trailer". Loudwire.com. Loudwire. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  79. Hartmann, Graham. "Slipknot Continue to Tease New Album With Cryptic Written Message". Loudwire.com. Loudwire. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  80. Grow, Kory. "Slipknot Stream 'The Negative One,' Their First New Song in Six Years". Rollingstone.com. RollingStone. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  81. Grow, Kory. "See Slipknot's Nightmarish, NSFW 'Negative One' Video". Rollingstone.com. Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2014. 
  82. "SLIPKNOT To Film Video For New Single 'The Devil In I'". Blabbermouth. 5 de agosto de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  83. ".5: The Gray Chapter". iTunes. 24 de agosto de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  84. ".5 The Gray Chapter". Amazon. 24 de outubro de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  85. Pasbani, Robert (11 de agosto de 2014). "KNOTFEST Announce New Bands & Another Stage Added". MetalInjection. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  86. "Slipknot unveil details of fifth studio album". The Guardian. 25 de agosto de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  87. "Slipknot's Prepare For Hell Tour with Korn and KING 810". Roadrunner Records. 2014-08-26. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014. 
  88. Childers, Chad. "Slipknot, Faith No More, Soundgarden, Slash + Many More Lead 2015 Soundwave Festival". Loudwire.com. Loudwire. Consultado o 21 de agosto de 2014. 
  89. Full Metal Jackie, Full Metal Jackie (10 de setembro de 2014). "Slipknot’s Corey Taylor Talks ‘.5: The Gray Chapter,’ 2014 Knotfest + Moving Forward". Loudwire. Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  90. "New Slipknot Bassist's Identity Revealed? - Blabbermouth.net". Blabbermouth. 12 de setembro de 2014. Consultado o 13 de setembro de 2014. 
  91. Kreps, Daniel (12 de setembro de 2014). "Slipknot Host Asylum Rave in Terrifying 'The Devil In I' Video". RollingStone. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  92. 92,0 92,1 92,2 "SLIPKNOT Itinerary Leaks Confirming Drummer Identity as Jay Weinberg". metalinjection.net. 3 de decembro de 2014. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  93. 93,0 93,1 "SLIPKNOT, ANTHRAX, MASTODON, MOTÖRHEAD Among GRAMMY AWARDS Nominees". MTV. 5 de decembro de 2014. Consultado o 6 de decembro de 2014. 
  94. "Slipknot Guitarist Mick Thomson Stabbed by His Brother". Billboard (en inglés). 11 de marzo de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  95. "SLIPKNOT Bassist Rushed To Hospital During Hartford Concert; Band Completes Set As Eight-Piece". Blabbermouth (en inglés). 2 de agosto de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  96. "Slipknot release statement regarding bassist's hospitalisation". Kerrang! (en inglés). 3 de agosto de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  97. "Slipknot Setlist at Xfinity Center, Mansfield, MA, USA". Setlist.fm (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  98. "Slipknot Setlist at PNC Bank Arts Center, Holmdel, NJ, USA". Setlist.fm (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  99. "Slipknot Setlist at Molson Amphitheatre, Toronto, ON, Canada". Setlist.fm (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  100. Helmet. "Helmet | Similar Artists, Influenced By, Followers". AllMusic. Consultado o 23 de abril de 2014. 
  101. "'New Wave Of American Heavy Metal' Book Documents Over 600 Bands". Blabbermouth.net. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2008. Consultado o 2008-04-27. 
  102. Blackie, Andrew (23 de setembro de 2008). "Nu-Metal's Not Dead!". PopMatters. Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  103. Gendron, Bob (15 de marzo de 2005). "Wear, tear visible at Slipknot show". Chicago Tribune. Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  104. 104,0 104,1 Porter, Dick (2003). Rapcore: The Nu-Metal Rap Fusion. London: Plexus. p. 117. ISBN 0-85965-321-8. 
  105. 105,0 105,1 "Allmusic Review of M.F.K.R.". allmusic. Consultado o 5 de agosto de 2007. 
  106. Loftus, Johnny. "Allmusic Review of Vol. 3". allmusic. Consultado o 15 de febreiro de 2007. 
  107. Chris Steffen (8 de xuño de 2008). "New Slipknot Album: A First Listen to "All Hope Is Gone"". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008. 
  108. 108,0 108,1 "heavymetalnow.com". heavymetalnow.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2015. Consultado o 23 de abril de 2014. 
  109. All Hope is Gone Review Arquivado 23 de outubro de 2008 en Wayback Machine. IGN.
  110. Huey, Steve. "Slipknot". Allmusic. Consultado o 9 de marzo de 2011. 
  111. Search Results
  112. 112,0 112,1 O’Keeffe, Niall (26 de febreiro de 2002). "Slipknot : London Arena". NME. Consultado o 19 de decembro de 2007. 
  113. Our Last Interview with Paul Gray from Slipknot (video). andPOP. 6 de xuño de 2010. Escena en 1:07. Consultado o 14 de novembro de 2010. 
  114. "Behold: the rebirth of a giant". Kerrang! (Emap). 6 de decembro de 2008. p. 16. 
  115. 115,0 115,1 "Slipknot bring fire and destruction to Download". NME. 14 de de xuño de 2009. Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  116. "Behold: the rebirth of a giant". Kerrang! (Emap). 6 de decembro de 2008. p. 16. 
  117. Arnopp 2001, pp. 54–55
  118. "Slipknot's Chris Fehn: 'It's A Blessing That We Don't Get Recognized'". Blabbermouth.net. 25 de maio de 2005. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  119. "News Archive". Blabbermouth.net. 20 de maio de 2001. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  120. Wiederhorn, Jon (9 de marzo de 2004). "Slipknot Ready To Unveil New Masks, Subliminal". MTV. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  121. Chris Fehn, Joey Jordison, Corey Taylor (2004). Slipknot – Ahoy Netherlands Interview (Video). The Box. Escena en 0:44. 
  122. O'Toole, Megan (10 de xullo de 2003). "Young Killers Try To Blame Slipknot For Murder". Chart Communications (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2009. 
  123. Mindslavor (17 de agosto de 2006). "Slipknot Lyrics Found At Site Of Grave Robbery" (en inglés). Metal Underground. Consultado o 23 de decembro de 2007. 
  124. "Mushroomhead Drummer: Slipknot 'Traded A Platinum Record For Dignity, Honor And Respect". Blabbermouth (en inglés). 9 de outubro de 2006. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  125. "Slipknot Frontman Discusses Mushroomhead 'Feud'". Blabbermouth (en inglés). 11 de marzo de 2005. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  126. Rand, Chris. "Vatican Broadside". The Half Man Half Biscuit Lyrics Project website (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  127. Tradución do orixinal en inglés: "Greetings, hapless adventurer. I ask only that you wait a moment...and BLEED!"
  128. "Gravis Slipknot". wowhead.com (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  129. guitarworld.com, ed. (16 de outubro de 2014). "Slipknot's Jim Root and Mick Thomson Talk Brutal New Album, '.5: The Gray Chapter'". Consultado o 1 de abril de 2015. 
  130. 130,0 130,1 130,2 "Slipknot – Chart History: Billboard 200". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  131. 131,0 131,1 131,2 "Discography Slipknot". australian-charts.com. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  132. 132,0 132,1 132,2 "Discographie Slipknot". Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  133. 133,0 133,1 133,2 "Discografie Slipknot". ultratop.be. Hung Medien. Consultado o 31 de agosto de 2008. 
  134. 134,0 134,1 134,2 134,3 "Discographie Slipknot". lescharts.com. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  135. 135,0 135,1 135,2 135,3 "Chartverfolgung / Slipknot / Longplay". musicline.de (en alemán). PhonoNet. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  136. 136,0 136,1 136,2 136,3 "Discografie Slipknot". dutchcharts.nl. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  137. "Discography Slipknot". charts.org.nz. Hung Medien. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  138. 138,0 138,1 138,2 138,3 "Discography Slipknot". swedishcharts.com. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  139. 139,0 139,1 139,2 "Slipknot – Official Charts Company" (select "Albums" tab). Official Charts Company. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  140. 140,0 140,1 140,2 140,3 140,4 140,5 140,6 140,7 140,8 "American certifications - Slipknot". Recording Industry Association of America. Consultado o 5 de decembro de 2012. [Ligazón morta]
  141. 141,0 141,1 141,2 141,3 141,4 "ARIA Charts – Accreditations". Australian Recording Industry Association. Consultado o 20 de novembro de 2012. 
  142. 142,0 142,1 142,2 142,3 142,4 "Certified Awards Search". British Phonographic Industry. Arquivado dende o orixinal (parámetro de busca: "Slipknot") o 01 de agosto de 2017. Consultado o 20 de novembro de 2012. 
  143. 143,0 143,1 143,2 143,3 "Ouro Platino Database: Slipknoy". Canadian Recording Industry Association. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  144. "NVPI certifications" (en Dutch). The Dutch Association of Producers and Importers of image- and sound-bearers. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de xullo de 2008. 
  145. 145,0 145,1 145,2 145,3 "Gold-/Platin-Datenbank" (en alemán). Bundesverband Musikindustrie. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  146. "Top 40 albums (#1444)". Recording Industry Association of New Zealand. 24 de xaneiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 02 de abril de 2015. 
  147. 147,0 147,1 "IFPI Austria" (en alemán). International Federation of the Phonographic Industry. 30 de outubro de 2008. 
  148. "Top 40 albums (#1639)". Recording Industry Association of New Zealand. 20 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2012. Consultado o 02 de abril de 2015. 
  149. Gonshor, Bram (2 de decembro de 2014). "Slipknot Presented With Gold Plaques For New Album". Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  150. "Slipknot: We Are Not Your Kind". British Phonographic Industry. Consultado o 20 de decembro de 2019. 
  151. 151,0 151,1 "Discography Slipknot". Hung Medien. Consultado o 30 de xullo de 2012. 
  152. Máxima posición nas listas de videos de Estados Unidos:
  153. Máxima posición nas listas de videos de Finlandia:
  154. "Top 10 music dvds (#1741)". Recording Industry Association of New Zealand. 4 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2011. 
  155. "Slipknot – Chart History: Alternative Songs". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  156. "Slipknot – Chart History: Mainstream Rock Tracks". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2013. 
  157. Máxima posición nas listas de sinxelos de Australia:
  158. "Chartverfolgung / Slipknot / Single" (en alemán). PhonoNet. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2008. 
  159. "Discography Slipknot". irish-charts.com. Hung Medien. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  160. Máxima posición nas listas de sinxelos do Reino Unido:
  161. http://www.zobbel.de/cluk/140906cluk.txt
  162. D'Angelo, Joe (16 de febreiro de 2001). "Slipknot Working On Album As They Ponder Grammys, Touring". MTV. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  163. "Slipknot's Paul Gray: "I Know System Of A Down Will Win Grammy"". Blabbermouth.net. 27 de febreiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2007. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  164. "Grammy Awards Nominees Announced!". Blabbermouth.net. 7 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2008. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  165. 165,0 165,1 "Metallica, Cradle Of Filth, Motorhead Among Grammy Nominees". Blabbermouth.net. 7 de decembro de 2004. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  166. "Metallica, Judas Priest, Mötley Crüe, Slipknot, Disturbed Among Grammy Nominees". Blabbermouth.net. 3 de decembro de 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008. 
  167. "SLIPKNOT, LAMB OF GOD, GHOST, SEVENDUST, AUGUST BURNS RED Among GRAMMY AWARDS Nominees". Blabbermouth. 7 de decembro de 2015. 
  168. 168,0 168,1 168,2 168,3 "Slipknot – Chart History: Bubbling Under Hot 100". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnopp, Jason (2001). Slipknot: Inside the Sickness, Behind the Masks. Reino Unido: Ebury. ISBN 0-09-187933-7. 
  • Crampton, Mark (2001). Barcode Killers: The Slipknot Story in Words and Pictures. Reino Unido: Chrome Dreams. ISBN 1-84240-126-2. 
  • McIver, Joel (2003). Slipknot: Unmasked (Again). Reino Unido: Omnibus. ISBN 0-7119-9764-0. 

Ligazóns externas editar