Skornabois foi unha banda galega de punk/rap metal[1] formada no ano 1988 en Vilanova de Lourenzá. O grupo estivo composto durante case toda a súa traxectora por Xermán Viluba (guitarra e voz), Emilio López (voz), Xoán Villamel (batería) e Iván Laxe (baixo, programacións e teclados),[2] tendo como baixista a Patu nos seus primeirs tempos.[1]

Skornabois
OrixeVilanova de Lourenzá, Galicia Galicia
Período1988 - 1998?
Selo(s) discográfico(s)Chorima
Antigos membrosXermán Viluba
Emilio López
Xoán Villamel
Iván Laxe
Patu

A banda só editou dous traballos durante a súa carreira, o EP O verme homicida (1996) e o álbum Skornabois (1998). Ademais destes dous traballos, colaboraron co tema "A nova Fifi" no recompilatorio Unión Bravú (1996), con "O verme homicida" no Bambán Vol.2 (1997), e con "Plánta-te", a súa derradeira gravación, en Terra Terremota (1998).[2]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo Notas
O verme homicida 1996 Chorima EP
Skornabois 1998 Chorima álbum

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Skornabois". GZmusica.com - Músicas da Galiza. Consultado o 2023-11-12. 
  2. 2,0 2,1 "Skornabois - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-11-12.