Skizoo foi un grupo musical español de nu metal e metal alternativo, formado en Madrid en 2005 e disolto en 2009.

Skizoo
Skizoo en Extremúsika 2009
OrixeMadrid, España
Período20052009
Xénero(s)Nu metal
Metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)El Diablo
EMI
DFX Records
MembrosMorti
Jorge Escobedo
Antonio Bernardini
Iván Ramírez
José Hurtado
Antigos membrosDaniel Criado
Dani Pérez
Edu Fernández
Na rede
www.skizoo.es
Spotify: 33vLQpNrkogXxdKsMRINBa Last fm: Skizoo Musicbrainz: 99414fbf-45ae-47cb-a32e-36337228c6aa Songkick: 547421 Discogs: 2581619 Allmusic: mn0001899893 Deezer: 240423 Genius: Skizoo Editar o valor em Wikidata

Membros editar

Membros anteriores editar

Historia editar

Despois de anunciarse a separación temporal de Sôber, unha metade do grupo formou Savia (Carlos Escobedo e Alberto Madrid), que se levou a parte máis melódica do grupo; e a outra, formada polos guitarristas Antonio Bernardini e Jorge Escobedo, prepararon o proxecto Skizoo, acompañados por Dani Pérez (batería de Saratoga e Stravaganzza), Daniel Criado (baixista de XXL) e Morti (voz en Bushido e Fantástico Hombre Bala, entre outros), levando o son de Sôber a cotas maiores de dureza e agresividade, dando lugar a un estilo característico da banda.

En 2005 gravan o seu álbum homónimo de debut, que lanzaran ao mercado en maio dese mesmo ano coa compañía El Diablo. Ao pouco tempo Daniel Criado abandona o grupo e substituelle Edu Fernández (baixista de Stravaganzza), que tamén se encargará dos coros nas actuacións en directo. Así deron coa formación definitiva. Cancións como "Renuncia al sol", "Arriésgate", Habrá que olvidar" ou "No todo está perdido" ábrenlles un oco importante e merecido no panorama nacional.

En 2006 firman con EMI e reeditan o seu primeiro álbum coa colaboración de Bunbury ás voces no tema "No todo está perdido" do EP Habrá que olvidar. Ademais engaden unha versión da canción "Entre dos tierras" de Héroes del Silencio, dous remixes e un DVD con imaxes da primeira xira. A finais dese mesmo ano gravan en Murcia o seu segundo álbum, Incerteza, lanzado o 19 de febreiro de 2007. Trátase do último álbum producido por Simón Echeverría (Big Simon), xa que morre antes da súa publicación. Este traballo é claramente máis duro e melódico que o anterior.

A principios de 2008 comunican a súa saída da multinacional EMI e en maio dese ano publican o seu terceiro traballo chamado 3, coa compañía discográfica independente DFX, traballo no cal experimentan aínda máis o son da banda, pero sen afastarse do metal alternativo que lles caracteriza. No mes de xullo confírmase a saída da formación de Dani Pérez e Edu Fernández, aínda que a banda confirma a súa intención de continuar a xira de presentación de 3 como estaba previsto. O día 6 dese mesmo mes déronse a coñecer no sitio oficial os nomes dos novos integrantes de Skizoo: na batería, Iván Ramírez (dos desaparecidos Ebony Ark); e no baixo, José Hurtado (Coilbox).

O 17 de agosto de 2009 o grupo anuncia un parón na súa carreira mediante un comunicado aparecido na súa páxina web.

Discografía editar

Ligazóns externas editar