Sistema ventricular

O sistema ventricular é un conxunto de estruturas que conteñen líquido cefalorraquídeo no cerebro (encéfalo). Continúase no conduto central da medula espiñal.

Ventrículos do cerebro humano.
Representación tridimensional do sistema ventricular do cerebro humano. Os ventrículos laterais están en vermello, o terceiro e o cuarto (superior e inferior), en azul.

Compoñentes editar

O sistema contén catro ventrículos, ventrículos laterais dereito e esquerdo, terceiro ventrículo e cuarto ventrículo.

Existen pequenos orificios (entre o terceiro e o cuarto ventrículo un conduto) que interconectan os ventrículos, pero só os dous primeiros da lista de abaixo se consideran xeralmente como partes do sistema ventricular:

Nome Orixe Destino
forame interventricular (ou Forame de Monro) ventrículos laterais terceiro ventrículo
acueduto cerebral (ou Acueduto de Silvio) terceiro ventrículo cuarto ventrículo
abertura mediana (ou Forame de Magendie) cuarto ventrículo espazo subaracnoide / Cisterna Magna
abertura lateral (ou Forame de Luschka) cuarto ventrículo espazo subaracnoide / Cisterna da gran vea cerebral

Cada ventrículo contén un plexo coroide que produce líquido cefalorraquídeo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar