Un sistema, en física, é un conxunto de elementos interrelacionados formando un todo único. Etimolicamente, o termo procede do grego. "Sistema" significa "combinar", "axustar", "formar un conxunto". Un sub-sistema é un sistema que fai parte dun outro sistema. Un sistema consiste, polo xeral, en compoñentes (ou elementos) que están ligados os uns ós outros para facilitar o fluxo de informacións, materia ou enerxía. O termo é tamén usado para describir calquera conxunto de entidades que interactúan, e sobre o cal un modelo matemático pode ser construído.

Termodinámica editar

Dende un punto de vista termodinámico, un sistema pode ser aberto, pechado e illado. Dise que un sistema é aberto cando intercambia materia e enerxía co seu contorno, pechado cando só intercambia enerxía e illado se non intercambia nin materia nin enerxía.

Un sistema aberto sería unha ola de cociña sen tapa durante a cocción. Parte do líquido da ola evaporaríase (fluxo de materia) pola acción do lume (fluxo de enerxía). Un sistema pechado sería a esterilización dunha lata de conserva, que transmite calor pola súas paredes pero, ao estar hermeticamente pechada, impide o intercambio de materia. Finalmente, un termo (de café, por exemplo) pechado hermeticamente aproxímase a un sistema illado xa que reduce drasticamente os fluxos de materia e enerxía.

En realidade, un sistema macroscópico non pode estar totalmente illado xa que intercambia enerxía cos arredores en forma de radiación electromagnética.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar