Sistema Universitario de Galicia

O Sistema Universtario de Galicia, coñecido co acrónimo de SUG, é o máximo organismo público encargado de desenvolver o ensino superior en Galicia, mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigación e a creación de coñecemento. Dito organismo engloba e coordina as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. O SUG foi creado en 1989 após a aprobación da Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia e depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sistema Universitario de Galicia
Datos xerais
LocalizaciónGalicia
Datos actuais
Datos de contacto
Páxina webciug.gal
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A necesidade de crear un organismo que regulase a ordenación territorial, funcional e financeira do ensino superior en Galicia levou á aprobarse en 1989 o Sistema Universitario Galego. Isto desembocou na descentralización do sistema universitario galego, xa que até ese punto a Universidade de Santiago de Compostela era a única universidade galega desde a súa fundación en 1495. Así as cousas, a aprobación do SUG supuxo a creación en 1990 das outras dúas universidades galegas, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña, que até entón soamente eran campus ou colexios universitarios.

A partir da separación da USC comezouse a ordeación dos campus que formarían as tres universidades; á Universidade de Vigo adscribíronse os campus de Ourense (antes Colexio Universitario de Ourense) e Pontevedra, e á Universidade da Coruña adscribiuse o campus de Ferrol. O campus de Lugo ficou adscrito á USC.

Titulacións editar

O SUG é o organismo encargado de decidir as titulacións que se imparten nas universidades galegas, así coma os criterios de implantación destas. Na actualidade existen tres tipos de titulacións, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior: ensinanzas de grao, máster (posgraduado de segundo ciclo) e doutoramento (posgraduado de terceiro ciclo).[1]

Titulacións de grao editar

Titulación USC UdC UVi
Administración e Dirección de Empresas      
Arquitectura  
Arquitectura naval  
Belas artes  
Bioloxía      
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos  
Ciencia Política e da Administración  
Ciencias ambientais  
Ciencias da Actividade Física e do Deporte    
Ciencias da Cultura e Difusión Cultural  
Ciencias do Mar  
Ciencias empresariais  
Comercialización e Loxística*  
Comercio  
Comunicación audiovisual      
Consultoría e Xestión da Información  
Dereito      
Dirección e Xestión Pública  
Economía      
Educación Infantil      
Educación Primaria      
Educación Social      
Enfermaría      
Enxeñaría agraria  
Enxeñaría Agrícola e de Medio Rural  
Enxeñaría Civil**  
Enxeñaría de Edificación  
Enxeñaría de Enerxía  
Enxeñaría de Industrias Agroalimentarias  
Enxeñaría de Obras Púbicas  
Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación  
Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos  
Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais  
Enxeñaría Eléctrica    
Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática    

Notas editar

  1. SUG (ed.). "Guía do Sistema Universitario de Galicia" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.