Sisenando Martínez Gil

cirurxián e militar galego

Sisenando Martínez Gil, nado na Coruña o 3 de xuño de 1917 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 2004,[1][2] foi un cirurxián e militar galego.

Infotaula de personaSisenando Martínez Gil
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1917 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 2004 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncirurxián , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiSisenando Martínez Yunta Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo de Sisenando Martínez Yunta, alcalde franquista da Coruña entre 1937 e 1939, e de María Gil Galán. En 1933 ingresou na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, onde se licenciaría en 1943.

Durante a Guerra civil española serviu no acoirazado España como mariñeiro voluntario, máis tarde no exército de Terra, onde sería ascendido a tenente. En 1943, xa médico, entrou a traballar na sanidade militar, no Rexemento de Cabalaría número 13, en Lugo, e despois no de Infantaría número 19, en Caspe e Marrocos. En 1946 ascendeu a capitán e foi designado director da Clínica Militar de Barbastro. En 1950 foi destinado ao Hospital Militar de Villa Sanjurjo (Alhucemas) e 1952 entrou como xefe do servizo de cirurxía do Hospital Militar da Coruña. Acadou así mesmo unha praza de cirurxián na Seguridade Social. En 1980 ascendeu a xeneral subinspector médico, na IV Rexión Militar, en Barcelona. Pasou ao retiro en 1987.

Vida privada editar

En 1956 casou con Esther de la Colina Unda e tivo cinco fillos (Juan, Esteban, Manuel, María e Sisenando) e sete netos (Esteban, Candelaria, Carmen, Juan, Elena, Sisenando e Tirso)

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-2-2004, p. 60.
  2. Sisenando Martínez Gil en geni.com (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar