Sinagoga Maisel

sinagoga de Praga

Sinagoga Maisel (en checo: Maiselova synagoga) é un dos monumentos históricos da Praga.[1] Foi construída a finais do século XVI, que está considerada como a idade de ouro do ghetto. Dende entón a súa aparencia mudou varias veces, e o seu estilo actual é neogótico. Hoxe en día a sinagoga pertence á Comunidade xudía de Praga e é administrado polo Museo Xudeu de Praga como parte das súas exposicións.

Sinagoga Maisel
PaísRepública Checa
Coordenadas50°05′20″N 14°25′07″L / 50.08878, 14.41866Coordenadas: 50°05′20″N 14°25′07″L / 50.08878, 14.41866
Estiloarquitectura barroca
editar datos en Wikidata ]
Sinagoga Maisel.

Características editar

A sinagoga Maisel foi proxectada por Josef Wahl e Juda Goldsmied de Herz e construída entre os anos 1590 e 1592 co financiamento do daquela alcalde de Josefov, Mordecai Maisel, quen ademais financiou a extensa reconstrución do gueto en estilo renacentista.[1]

O edificio orixinal sufriu un incendio en 1689 e restaurouse en estilo barroco. Finalmente, foi anovada en estilo neogótico segundo o proxecto de A. Grotte entre 1893 e 1905.[2] Todo o que quedou da antiga disposición renacentista foron as tres naves da sala central coa galería para as mulleres no andar superior.[1]

No presente, a sinagoga Maisel emprégase como sala de exposición e depósito do Museo xudeu de Praga.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Prague. Portal oficial de turismo de Praga. "Museo judío en Praga - Sinagoga de Maisel (Maiselova synagoga)". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. Disfruta Praga. "Sinagogas de Praga". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. Morabito, Valerio (9 de setembro de 2014). "Il cimitero di Praga e lo spirito del Golem" (en italiano). Taormina Today. Consultado o 10 de marzo de 2016.