O Simca 1100 foi un modelo de automóbil familiar producido polo fabricante francés Simca entre 1967 e 1982 e polo fabricante español Barreiros. Pertencía ó segmento de turismos familiares con 3 ou 5 portas, motor dianteiro e tracción dianteira. O motor orixinal era de 1118 cc e producía 52 cabalos de potencia. Posteriormente recibiu máis motorizacións, e foi comercializado como Talbot 1100, Simca 1200 ou Talbot 1200.

Simca 1100

Datos xerais
Fabricante Simca
País Francia
Montaxe Poissy, Francia
Madrid, España (como Simca 1200 Barreiros)
Nyköping, Suecia (Philipsons)
Período 1967-1982
Configuración
Segmento Segmento C
Configuración Motor dianteiro , tracción dianteira
Dimensións
Lonxitude 3937 mm
Anchura 1587 mm
Altura 1460 mm
Distancia eixes 2520 mm
Peso 918 kg
Características técnicas
Motor 944, 1118, 1204 e 1294 cc
Potencia 45, 52, 59 e 75 CV
Modelos relacionados
Relacionado Matra Rancho
Sucesor Talbot Horizon
Rival Renault 6, Peugeot 104 e Citroën GS

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar