Silvia Cebolla Civil
Silvia Cebolla Civil, nada en Zaragoza en 1985, é unha divulgadora da lingua aragonesa, presentadora do programa de Aragón TV Charrín Charrán.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) Zaragoza, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión , youtubeira |
Lingua | Lingua aragonesa e lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciada en Dereito e cun máster en relacións de xénero, comezou a estudar aragonés aos 18 anos no colexio de Nogará. A súa carreira na comunicación comezou cando creou unha canle de YouTube, A Escuchetes, como material didáctico para os seus alumnos aragoneses.[1] A canle, dedicada á cociña vexetariana, transcendeu a audiencia da clase e á lingua aragonesa, superando os mil seguidores e publicouse un libro no ano 2018.[2]
En 2019, converteuse na presentadora do primeiro programa de televisión en aragonés, Charrín Charrán.[3]
Obras editar
- A escuchetes: O libro, recetas veganas en aragonés, Edicions Transiberiano, 2018, ISBN 978-84-16825-67-7.
Notas editar
- ↑ Diario de Teruel (ed.). "Silvia Cebolla, youtuber de cocina vegetariana en aragonés: “El aragonés debe ser una asignatura en las zonas de habla, si no se perderá”". Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Heraldo de Aragón, ed. (30 de xullo de 2018). "'A Escuchetes', un libro de cocina en aragonés". Consultado o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Heraldo de Aragón, ed. (5 de maio de 2019). "Silvia Cebolla: "El estreno del primer programa de televisión en aragonés es un hecho histórico"". Consultado o 7 de outubro de 2019.