Silaxínidos

familia de peixes

Os Silaxínidos (Sillaginidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, distribuídos polo océano Índico e a costa oeste do Pacífico.

Sillago sp

Características editar

Posúen un corpo moi alongado, con tamaños máximos duns 45 cm, cuberto de pequenas escamas. A boca é pequena e terminal. Teñen dúas aletas dorsais, separadas ou non, a primeira con 9-12 espiñas e a segunda cunha espiña afiada e 16-26 radios brandos. Aleta anal alongada e oposta á segunda dorsal, con 2 espiñas e 15-27 radios brandos. As ventrais insírense á mesma altura cás pectorais ou algo atrasadas. Caudal algo fendida.

 
Área de distribución dos Silaxínidos

Son especies bentónicas que se alimentan de organismos do fondo mariño. Algunhas especies críanse en establecementos de acuicultura, en estuarios.

Clasificación editar

Divídense en 3 xéneros, con 31 especies:

  • Xénero Sillaginodes
  • Xénero Sillaginopsis
  • Xénero Sillago

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar