O Sikorsky S-76 é un modelo de helicóptero medio utilitario fabricado pola compañía estadounidense Sikorsky Aircraft, a fabricante do UH-60 Black Hawk. O S-76 conta con dous motores turboeixo, un rotor principal de catro palas e tren de aterraxe retráctil.

Sikorsky S-76
Sikorsky S-76C+ Pesca 1 en agosto de 2010.
TipoHelicóptero
FabricanteSikorsky
Primeiro voo1977
EstadoEn servizo
Principais usuariosO redor de 30 países

Usuarios editar

Son usuarios do modelo, servizos de preto de 30 países, entre eles os gardacostas da Xunta e o Exército do Aire español, sendo España e o Xapón dos poucos países nos que se lle dan os dous usos, o civil e o militar.

A versión militar opera, polo menos, en Arabia Saudita, a Arxentina, os Emiratos Árabes, España (8 unidades), Guatemala, Honduras, Iraq, Tailandia e o Xapón.

As versións civís voan, polo menos, en Australia, o Brasil, o Canadá, a China, os Estados Unidos, Galicia, Macau, México, Nova Zelandia, Panamá, o Reino Unido, Serbia, Suecia, Taiwán, Trinidad e Tobago e o Xapón.

O S-76 en Galicia editar

En Galicia teñen a súa base, dende 2005,[1] dúas unidades S-76C+ do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o Pesca 1 (matrícula EC-JES) con base en Vigo e o Pesca 2 (EC-JET) con base no Heliporto Costa Norte de Viveiro.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Xunta de Galicia's Search and Rescue Service Purchases Two S-76C++ Helicopters". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2010. 
  2. Artigo en La Opinión A Coruña, 22-01-2009 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar