Siddhartha é unha novela escrita por Hermann Hesse en 1922.

Siddhartha
Título orixinalSiddhartha
Autor/aHermann Hesse
OrixeRepública de Weimar e Alemaña
Linguaalemá
Xénero(s)romance filosófico e developmental novel
Data de pub.1922
Páxinas152
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

É a historia do fillo dun brahmana que emprende o seu propio camiño na busca do Atman. Entre os Samanas aprende que o coñecemento pódese transmitir, pero a sabedoría non, recoñécese home entre os homes, pasa de ser ermitán a un rico comerciante, descobre os praceres da carne, as paixóns dos homes-nenos e o xogo, ata encherse do Sansara para novamente buscar o coñecemento na soidade escoitando o río e o barqueiro que lle ensina que todo regresa. Tamén é a historia de Govinda e o seu propio camiño ao mesmo fin, o coñecemento. "Todo flúe e regresa, incluído ti" díxolle un día o barqueiro a Siddhartha e el comprobaría este ensino ao separarse e encontrar en cada etapa o seu amigo Govinda.

Personaxes editar

  • Principal: Siddhartha. Ao longo do libro atravesamos a vida de Siddhartha, o fillo do brahmana, que busca algo que está máis alá do que pode aprender co seu pai ou onde vive, e esa busca reflicte a busca do autor, pódese dicir que é un personaxe carismático, intelixente e perseverante.
  • Secundarios: Govinda: O mellor amigo de Siddhartha, acompáñao en gran parte do relato e é un elemento que lle dá moita consistencia á historia.
  • Gotama: O iluminado ao cal seguen grandes multitudes, supostamente un ser divino e perfecto.
  • Vasudeva: un "barqueiro" que vive con Siddhartha ao final da historia e xoga un papel moi importante xa que deste personaxe principal aprende moito.
  • Kamala: Muller coa cal Siddhartha comparte unha "relación" por dicilo así, suponse de cooperación mutua e con quen Siddhartha acaba tendo un fillo.
  • Siddhartha fillo: O fillo de Siddhartha con Kamala, o cal é mal agradecido e caprichoso, ao final escapa do seu pai.
  • Terciarios: Pai de Siddhartha, Samanas, Kamaswami.

Capítulos editar

O fillo do brahmana editar

É a introdución ao libro, onde o autor nos presenta a Siddhartha, o personaxe principal e ten o seu amigo Govinda. Despois de adquirir os coñecementos do pai e decatarse de que a pesar das meditacións, as ofrendas e a concentración o seu espírito non está satisfeito, repara nuns humildes Samanas que están no lugar, informa ao seu amigo da decisión de partir con eles, nun principio enfróntase á negativa do pai, quen finalmente cede ante a firme decisión do fillo. Ë aquí onde Siddhartha empezará a busca do seu propio camiño; Govinda decide acompañalo.

Os Samanas editar

Pola tarde do mesmo día alcanzaron aos ascetas Samanas, ofreceron unirse a eles, despois de ser aceptados xaxuaron, primeiro por quince días, despois por 28. Instruídos polo máis vello dos Samanas aprenderon coa meditación a ser pacientes, a afastarse da dor e ser un coa natureza; non obstante Siddhartha encontrábase insatisfeito. Despois de tres anos de aprendizaxe chega a eles o rumor de Gotama, o Sublime, o Buda, quen lograra deter o ciclo das reencarnacións, esta vez foi Govinda quen comentou os desexos de coñecer ao sublime, Siddhartha deixara de crer nos coñecementos transmitidos polos mestres, falaron cos Samanas e partiron a coñecer a Gotama.

Gotama editar

Cos relatos contados os dous mozos chegaron ata o xardín de Anathapindika, onde o Sublime predicaba a súa doutrina para liberar o home do sufrimento, despois de escoitala Govinda decide unirse ao grupo de discípulos, ao día seguinte Siddhartha pide un minuto a Gotama, sinala que a súa doutrina logrou encontrar o sentido do universo a relación de cada unha das cousas, máis alá dos deuses, que non obstante ten un punto de quebra, Gotama acepta que existe tal, recoñece a intelixencia de Gotama e non obstante advírtelle non esaxerar na busca do seu camiño, no cal as palabras non son senón iso, mais non o fin. Siddhartha despídese de Govinda recoñecendo que este encontrou o seu propio sendeiro.

Espertar editar

Siddhartha abandona o bosque, ao facelo decátase que de algo morreu para el, o seu pasado quedou atrás. Reflexiona sobre os seus sentimentos, decátase que buscaba nos mestres algo que non podían darlle, o seu Eu e non obstante non aceptaba ningún texto, nin ensino de antemán pensándoo falsa ou dubidoso, agora comprendeu que non se desdeña un texto cuxo sentido se busca penetrar, hai que amalo. Siddhartha comprende que agora é un home, dáse conta de que non ten casa, amigos, do que ata agora non se decatara, sabe que é o estremecemento do espertar, coñece o seu Eu, con este co alicerce levántase, camiña sen saber onde, só sabe que non será á súa casa, á casa do seu pai.

Kamala editar

A cada paso Siddhartha aprendía algo novo, contemplaba o mundo co inxenuo pensamento de quen non busca outra cousa senón gozalo, todo estaba aí antes pero agora todo lle parecía belo, chegou á beira dun río, pasou a noite cun barqueiro quen lle recordou a Gotama, pensou nel, en como un día escoitou a súa voz interior e non necesitou de xaxúns nin fantasía, só someterse ao seu Eu que é tamén o Atman en todas as partes. Ao día seguinte pediulle ao barqueiro que o levase á outra beira do río, non tiña que pagalo, o barqueiro dille que o río lle ensinou que todo regresa, incluído el.

Ao mediodía chegou a unha aldea, nela coñece a unha fermosa cortesá, Siddhartha arranxa os cabelos, pídelle ser instruído por ela na arte en que ela é mestra, Kamala dille que para ser amigo dela se requiren vestidos riqueza e regalos para ela, Siddhartha sabe que aprendeu tarefas máis difíciles. Kamala vísteo con roupas novas e preséntao ao mercador máis rico, Kamaswami; aconséllao como debe de comportarse con este e utilizar os coñecementos que posúe.

Entre os homes editar

Kamaswami encargáballe os contratos máis importantes, a súa correspondencia e consultaba con el os negocios importantes, mesmo nas perdas e nas ganancias. Siddhartha tomaba isto como un xogo que lle proporcionaba diñeiro para Kamala, ríase da xente que acudía a el para roubalo, sempre escoitaba as persoas, vía a xente como nenos entregados ás súas paixóns, sempre sentíndose superior a eles.

Sansara editar

Durante longo tempo viviu entre a riqueza, saboreou o poder, como Kamala o adiviñase, el permanecía Samana no seu corazón, a xente acudía a el pero só Kamala era admitida na súa intimidade. As ensinanzas dos mestres eran un vago recordo, pronto o seu corazón se invadiu de envexa a aqueles que se entregaban ás súas paixóns, asimilou a puerilidade dos homes, a importancia que lle atribuían á existencia, a paixón nos seus praceres. O pracer, a cobiza, a indolencia, o amor á riqueza, chegou a adquirir reputación de xogador temible.

Unha noite deuse conta de que se entregara a un xogo infantil chamado Sansara, querendo ser un home entre os homes, meditou todo o día, rompeu os lazos que o unían ao material e en menos dunha hora emprendeu o camiño.

As beiras do río editar

Camiñou ata o río onde anos atrás un barqueiro o transportara, chegou ao desexo de noxo e morte, ata caer rendido xunto ao río, ao espertar recoñeceu a Govinda coidando o seu sono, Falaron, despois despediuse como se despide de alguén de liñaxe. Sabíase peregrino, agora a fame afectábao, non obstante, decidiu quedar xunto ao río.

O barqueiro editar

Encontrou o barqueiro que algún día o levara do outro lado do río, platicou longo tempo con Vasudeva, o barqueiro e deuse conta de que o río lle falara e aceptou a compañía de Siddhartha para aprender do río. Nese tempo aprendeu do río e de Vasudeva e a xente sorprendíase dos barqueiros e chegaban de varios lugares a coñecer os dous sabios. Ningún dos dous levaba conta do tempo, os discípulos de Gotama chegaron ao río para ser transportados porque o seu fin estaba próximo. Kamala tamén quixo ir cara ao Buda, no camiño foi mordida por unha serpe, o seu fillo Siddhartha e ela correron cara ao embarcadoiro dos dous barqueiros; Siddhartha recoñeceu a Kamala e comprendeu que este neno era o seu fillo. Á morte de Kamala Vasudeva tamén aceptou ao fillo de Siddhartha.

O fillo editar

O neno de once anos era consentido, Siddhartha esperaba que co tempo o comprendese, pero non sucedeu, tampouco se acostumou á vida dos barqueiros, nin á súa dieta de arroz e plátano, o río e Vasudeva sabían que as loucuras cometidas polo pai non aforrarían as do fillo, Siddhartha sabía que o sentimento polo seu fillo, esa paixón era o Sansara. Representaba unha loucura aínda por soportar, non obstante o seu fillo non tiña o mesmo sentimento e un día partiu coa balsa e foron vans os esforzos do pai por encontralo.

Om editar

Siddhartha transportaba aos homes cos seus fillos, miraba a estes sen a presunción de antes, máis ben como algo digno de ser admirado, non obstante no seu corazón sentía a esgazadura de ter perdido o seu fillo, unha tarde falando con Vasudeva decidiron escoitar ao río, Siddhartha escoitouno como algo novo, como algo que nunca escoitara, viu nel reflectido o seu rostro, como o do seu pai cando partiu cos Samanas, pouco a pouco o o seu pai e o seu fillo eran un, que fluían co río, igual que Kamala, todo fluía en harmonía, Siddhartha encontrou a sabedoría verdadeira que tanto buscara noutro tempo, Vasudeva pediu retirarse porque era a súa hora, radiante partiu ao bosque.

Govinda editar

Govinda chegou ata os xardíns que nun tempo pertenceran a Kamala, aí escoitou dun barqueiro sabio e decidiu seguir o sendeiro ata el, Siddhartha recoñeceuno, platicaron sobre o coñecemento que pode ser transmitido, non así a sabedoría, sobre a inexistencia das verdades únicas, sobre o tempo continuo e a perfección en cada instante, sobre a inexistencia do pecado para o espírito. Sobre amar as cousas, non así as palabras coas que se comunican as cousas, as doutrinas. Ao despedirse Govinda pediu unha palabra, algo que puidese levar consigo, Siddhartha pediulle que se achegase, Govinda bico a fronte do ancián, viu os rostros da xente, dun peixe, un asasinato, cabezas de animais, crocodilos, moitas imaxes, todas fluíndo, ningunha morría senón se transformaba, renacendo sempre con nova aparencia, fóra do tempo sen saber se a súa visión durou un segundo a un século, Siddhartha só sorría cunha paz que lle cara a idéntico ao Ser perfecto.

Narrador editar

O narrador está en terceira persoa omnisciente durante toda a narración, pero hai unha gran presenza de diálogos entre os personaxes o cal lle dá á narración a capacidade de parecer máis vívida.

Tempo e espazo editar

En canto ao tempo parece ser impreciso dado que as tradicións da India son moi similares a través de case toda a súa historia sobre todo nas vilas pequenas, pero por referencia histórica supostamente se desenvolve nos tempos do buda (Gautama Buda, que é supostamente o iluminado que coñece Siddhartha, por ora parte "Siddhartha" é ao parecer o outro nome de Buda) os cales non se coñecen con exactitude, pero os budistas modernos afirman que é entre 623 a.C. (nacemento) e 543 a.C. (morte). En canto ao espazo xa se manifestou que acontece na India pero en canto aos lugares visitados pola época non se podería aseverar un lugar específico, os bosques e exteriores comúns, como regueiros e ríos, están tamén presentes.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar