Siarhiej Hajek[nota 1] (en belaruso Сяргей Гаек), nado como Jan Gajek o 8 de febreiro de 1949 en Łyszkowice, no condado de Łowicz[1] (dende 1999 parte do voivodato da Pequena Polonia, Polonia) é un sacerdote católico polaco, visitador apostólico para os grecocatólicos no territorio de Belarús.

Infotaula de personaSiarhiej Hajek

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Jan Sergiusz Gajek Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Łyszkowice, Polonia Editar o valor em Wikidata
Administrador apostólico
30 de marzo de 2023 –
Visitador apostólico
1994 – 30 de marzo de 2023 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBelarús Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Lublin
Pontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1974–), presbítero greco-católico , escritor , teólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Católica de Lublin Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua polaca, lingua francesa, Lingua belarusa, lingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia católica latina de Łyszkowice, na Polonia central, e fixo os estudos básicos no mesmo lugar.

En agosto de 1967 Hajek uniuse á Congregación dos Padres Marianos. Entre 1967 e 1974 estudou na Universidade Católica de Lublin. A finais da década dos sesenta, comezou a participar en actividades do clero belaruso no exilio. Tivo contacto co centro cultural e relixioso belaruso en Londres, incluíndo co bispo Časlaŭ Sipovič e co sacerdote Robert Tamushanski. En 1973 foi ordenado sacerdote e exerceu durante varios anos na parroquia de Głuchołazy.

Durante os dous anos seguintes estudou na Facultade de Teoloxía da Universidade Católica de Lublin, e posteriormente foi enviado a Roma, onde estudou no Pontificio Instituto Oriental entre 1978 e 1983. En novembro de 1983 Hajek doutorouse e volveu a Polonia, traballando até 1999 na Universidade Católica de Lublin.

Visitador apostólico en Belarús editar

En 1994 o papa Xoán Paulo II nomeouno visitador apostólico para os grecocatólicos en Belarús. En 1996 Hajek foi nomeado arquimandrita e membro correspondente da Pontificia Academia de María. En 1997 converteuse en asesor da Congregación para as Igrexas Orientais, e en 2014 foi confirmado en dito cargo por Francisco.[2]

Obra escrita editar

  • Il mistero della chiesa nel pensiero di Pavel N. Evdokimov (en italiano). Ponficium Institute Orientale. 1983. OCLC 493921469. 
  • Chrześcijańska wiara w Jedynego Boga w postawie ludzkiej (en polaco). TN KUL. 1991. OCLC 749541345. 
  • Unia Brzeska z perspektywy czterech stuleci. Teologia w dialogu (en polaco) 8. Xunto con Stanisław Nabywaniec. Red. Wydawnictw KUL. 1998. ISBN 9788322806005. OCLC 40674808. 

Fotografías editar

Notas editar

Notas
  1. Tamén como (Jan) Sergiusz Gajek.
Referencias
  1. Г. П. Пашкоў (editor xefe); et al. (2001). Белорусская Энциклопедия имени Петруся Бровки, ed. Энцыклапедыя гісторыі Беларусі: Пузыны — Усая (Tomo 6, parte 1). pp. 585–586. ISBN 9785857000731.  (en belaruso).
  2. Radio Vaticano (20-02-2014-02). "Pope Francis reconfirms leadership of Congregation for Oriental Churches, Council for Christian Unity". Arquivado dende o orixinal o 14-07-2014. Consultado o 04-07-2014.  (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar