Shin Chan: A invasión

filme de 1993 dirixido por Mitsuru Hongo

Shin Chan: A invasión (クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王 Crayon Shin-chan: Action Kamen vs Haigure Maô?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 24 de xullo do 1993.

Shin Chan: A invasión
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王
DirectorMitsuru Hongo
GuiónYoshito Usui
MúsicaYasuo Kosugi
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea1993
Duración90 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin Chan: Na procura das bólas perdidas
Filme seguinteShin Chan: Operación rescate
Na rede
IMDB: tt0409848 Filmaffinity: 441721 Editar o valor em Wikidata

En galego, saíu á venda en DVD o 24 de marzo do 2004, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse editar

Entre os nenos está de moda a colección de cromos do Ultraheroe. O cromo número 99 é moi difícil de conseguir, e é chamado 'o cromo pantasma'. Shin Chan entra coa súa nai nunha tenda moi antiga e merca unha caixa na que precisamente se atopa o cromo número 99. É de cor dourada e brilla moito.

Aproveitando que é verán, a familia Nohara sae de viaxe á praia, pero hai moito tráfico e deciden coller un camiño alternativo que os conduce ata unha praia deserta, onde hai unha grande estatua do Ultraheroe. A figura é un parque de atraccións nos que só están os Nohara.

Estes montan no que cren que é un simulador, pero accionado polo cromo número 99, son transportados a unha dimensión paralela, que semella ser o mundo real, onde Shin Chan se transforma nun superheroe coa misión de frear unha invasión de alieníxenas que pretenden poñerlle un bañador de muller a tódolos seres humanos.

Dobraxe editar

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2003.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
 
Actor orixinal
 
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
Mimiko Teresa Santamaría Etsuko Kozakura
Nevado Montse Davila Mari Mashiba
Ultraheroe Óscar Fernández Tessho Genda
Ririko Chelo Díaz Etsuko Kozakura
Raíña Cachas Antón Rubal Roko Takizawa
Profesor Paco Barreiro Hiroshi Masuoka
Barón do Tanga Xoán Diéguez Daisuke Gori
  • Voces adicionais:
▪ Andrés Bellas.
▪ Coté Sansegundo.

Música editar

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 僕は永遠のお子様 (Hei ser cativo para sempre) interpretada por Miyuki Kajinati.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar