Shikoku Facula é unha rexión brillante da superficie da lúa de Saturno, Titán.

Shikoku Facula
Shikoku Facula fotografada pola sonda Cassini.
Tipo de accidente xeolóxico Facula
Accidente xeolóxico de Titán
Diámetro medio 285 km [1]
Coordenadas 10,4° S 164,1° O[1]
Procedencia do nome Shikoku, unha illa do Xapón.

Shikoku foi vista por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Cassini en outubro do 2004 e a partir desta data sería fotografada en moitas ocasións, sobre todo debido a algunhas peculiaridades relevantes apreciadas a partir da imaxes de radar tomadas o 30 de abril do 2006[2]. Antes de recibi-lo seu nome oficial, que procede do nome da illa xaponesa de Shikoku, tiña o alcume de 'Gran Bretaña' pola forma que tiña este accidente xeolóxico visto nas imaxes de infravermello.

Mapa cos nomes dos principais accidentes xeolóxicos de Titán.

Shikoku ten un diámetro medio duns 285 kms[1], centrado a 10,4° S 164,1° O[1] é situada ó oeste de Guabonito, ambos dentro de rexión escura de Shangri-La, preto da fronteira con Xanadu; posúe particularidades que fan desta facula un accidente xeolóxico moi notorio, como son as vastas extensións de dunas que existen ó sur e leste desta facula, que coma no caso da Dunas Galore poderían estar espazadas entre si de 1-2 kms[3], tamén moi destacable o accidente circular de 35 kms de ancho que está situado ó norte dentro da facula, que moi posiblemente sexa un cráter de impacto[2].

Comparativa dunha vista de Shikoku Facula e Guabonito, variando entre o infravermello (onde se pode aprecia-la forma semellante a Gran Bretaña de Shikoku) e a imaxe moito máis nítida do radar da Cassini.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Titan: Shikoku Facula". Consultado o 22-06-2014. 
  2. 2,0 2,1 Nasa, ed. (03-05-06). "Radar Images Shikoku - "Great Britain"". Arquivado dende o orixinal o 09-07-2007. Consultado o 04-05-2006. 
  3. JPL, ed. (01-11-2005). "Dunes Galore". Arquivado dende o orixinal o 23-06-2010. Consultado o 04-05-2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar