Sherlock Holmes Baffled

Filme de 1903 dirixido por Arthur Marvin

Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxe estadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritor británico Arthur Conan Doyle.[1] A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido.[1][2] No filme, un ladrón que pode aparecer e desaparecer a vontade, rouba unha serie de obxectos a Holmes e tódolos esforzos do detective por capturalo fracasan.[3]

Sherlock Holmes Baffled
Primeiro encontro de Holmes co intruso
Ficha técnica
Título orixinalSherlock Holmes Baffled
DirectorArthur Marvin
FotografíaArthur Marvin
DistribuidoraAmerican Mutoscope and Biograph Company
Estrea1900-1903
Duración30 segundos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCine mudo
Na rede
IMDB: tt0291476 Filmaffinity: 271751 Editar o valor em Wikidata

Sherlock Holmes Baffled foi orixinariamente producida para mutoscopios en 1900, e rexistrouse 1903.[3] Só dura 30 segundos e non se coñece o nome dos actores. Considerada durante anos un filme perdido, foi redescuberto en 1968 grazas ós fotogramas impresos en papeis arquivados na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Tuska, Jon (1978). The Detective in Hollywood (en inglés). Nova York: Doubleday. pp. 1. ISBN 978-0-385-12093-7. 
  2. Harmon, Jim (2003). Radio Mystery and Adventure and Its Appearances in Film, Television and Other Media (en inglés). Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company. pp. 176. ISBN 978-0-7864-1810-7. 
  3. 3,0 3,1 McKuras, Julie (decembro de 2000). "100 Years Ago: Sherlock Holmes Baffled" (PDF). Friends of the Sherlock Holmes Collections Newsletter (en inglés) (Minneápolis: Friends of the Sherlock Holmes Collections, University of Minnesota Libraries) 4: 2. Consultado o 7-08-2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar