Shelden Williams

baloncestista estadounidense

Shelden DeMar Williams, nado en Oklahome City, Oklahoma, o 21 de outubro de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto e actual adestrador asistente dos Erie BayHawks da NBA G League.

Shelden Williams
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 21 de outubro de 1983 (40 anos)
Oklahoma City, Oklahoma
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Universidade Duke
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Atlanta Hawks
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2006–2008)
Sacramento Kings (2008–2009)
Minnesota Timberwolves (2009)
Boston Celtics (2009–2010)
Denver Nuggets (2010–2011)
New York Knicks (2011)
New Jersey Nets (2011–2012)
Élan Chalon (2012–2013)
Tianjin Ronggang (2013–2015)

Traxectoria editar

Instituto editar

No instituto Midwest City obtivo todos estes galardóns:

  • Seleccionado no EA Sports High School All-America de 2002.
  • Xogador do ano Gatorade en Oklahoma (2001, 2002)
  • Xogador do ano USA Today en Oklahoma (2001)
  • Xogador do ano en Oklahoma polo Daily Oklahoman (2001)
  • Mellor defensor de Oklahoma (2000, 2001)
  • Elixido coma un dos 5 mellores xogadores que ían dar o salto á NCAA na 2001-02 por Future Stars, BlueChipHoops.com e College Basketball News e o mellor aleiro por Basketball News e Prepstars.
  • Tres veces all-state, all-district e all-city (1999-2001)
  • Parade All-America (2001)

Foi suspendido no equipo por un incidente nunha habitación dun hotel en Columbus, Ohio, no que foi acusado de violación.

Universidade editar

Williams graduouse na Universidade de Duke, onde pasou 4 anos, dende 2002 ata 2006, licenciándose en álxebra. Cos Blue Devils foi toda unha estrela e deixou para a posteridade diferentes récords coma líder histórico en rebotes o tapóns. Os seus números foron moi destacados en cada unha das tempadas que pasou alí. Na 2003-04 comezou brillar con 12.6 puntos, 8.5 rebotes e 3 tapóns, en 2004-05 incrementou ata os 15.5 puntos, 11.2 rebotes e 3.7 tapóns e no seu último ano, na 2005-06 foise ata os 18.8 puntos, 10.7 rebotes e 3.8 tapóns. Esa tempada logrou ser o terceiro xogador de Duke en conseguir unha tripla dobre, ao asinar 19 puntos, 11 rebotes e 10 tapóns na vitoria sobre Maryland o 11 de xaneiro de 2006.

Outro dos seus logros non só a nivel de Duke, senón de toda a NCAA é o feito de converterse no terceiro xogador na historia do baloncesto universitario en anotar 1500 puntos, capturar 1000 rebotes, taponar 350 tiros e roubar 150 balóns durante a súa aventura na NCAA. Só Tim Duncan e Ralph Sampson foron capaces diso. A súa camiseta nº 23 foi retirada na universidade o 28 de xaneiro de 2007.

Algúns dos recoñecementos que tivo foron os seguintes:

  • Defensor do ano, National Association of Basketball Coaches (2005, 2006)
  • Primeiro quinteto All American, Associated Press (2006)
  • Primeiro quinteto All American, John R. Wooden (2006)
  • Senior CLASS All-Senior All American Team (2006)
  • Finalista no xogador do ano, John R. Wooden (2006)

En Duke gañou o alcume de "The Landlord"; o seu tamaño, intensidade e estilo agresivo de xogo fixérono converterse en todo un dono da pintura.

NBA editar

Shelden foi elixido polos Atlanta Hawks no posto nº 5 do draft de 2006. Comezou contando pouco, pero a medida que foi transcorrendo a tempada foi gañando minutos, confianza e xogo ata o punto de chegar a ser o mellor rookie do mes de abril na Conferencia Leste da NBA, promediando 11.6 puntos e 10.6 rebotes. Velaquí algunhas das súas actuacións máis salientables en dito mes:

O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby, mentres que un ano despois foi enviado aos Minnesota Timberwolves xunto con Bobby Brown por Rashad McCants e Calvin Booth. O 3 de agosto de 2009 asinou un contrato dun ano cos Boston Celtics.[1] E o 14 de xullo de 2010 asinou outro contrato dun ano, esta vez con Denver Nuggets.

O 13 de decembro de 2011 asinou un contrato cos New Jersey Nets.[2]

O 28 de agosto de 2012, asinou un contrato co campión da liga francesa, o Élan Chalon.[3][4]

Notas editar

  1. boston.com Celtics, Shelden Williams agree to deal
  2. "Nets sign free agent foward Shelden Williams". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  3. "ELAN CHALON inks big man Williams". Euroleague. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  4. "Shelden Williams Signs With Elan Chalon". realgm.com. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar