Shangri-La (Titán)

(Redirección desde «Shangri-la (Titán)»)

Shangri-La é unha extensa e escura rexión da lúa de Saturno, Titán, situada a 10° S 165° O[1]. Recibiu o nome de Shangri-La, o mítico paraíso situado no Tíbet. Pénsase que esta rexión é unha inmensa planicie de materiais escuros e tamén se especula con que no pasado posuíse mares, aínda que hoxe en día esta rexión está seca, de feito foron detectadas dunas[2][3] e coa axuda do radar da sonda Cassini estase a estuda-la dirección das mesmas e a posible influencia sobre estas dunas da gran rexión de Xanadu que está situada o leste de Shangri-La[2][3].

Shangri-La
Shangri-La é a extensa rexión escura no centro desta imaxe de Titán.
Tipo de accidente xeolóxico Accidente de albedo escuro
Accidente xeolóxico de Titán
Coordenadas 10° S 165° O[1]
Procedencia do nome Shangri-La, o paraíso mítico situado no Tíbet.
Mapa cos nomes dos principais accidentes xeolóxicos de Titán.

Shangri-La é estudado con intensidade debido ás numerosas faculae que existen dentro da rexións, así coma pola existencia de cráteres no interior desta rexión coma Guabonito, a parte de ser fronteiriza con grandes rexións, Xanadu no leste, Adiri no oeste, e Dilmun no norte. No mapa de Titán que se pode atopar a esquerda, inclúese a localización exacta do lugar de aterraxe da sonda Huygens.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Titan: Shangri-La". Consultado o 22-06-2014. 
  2. 2,0 2,1 The Smithsonian/NASA Astrophysics Data System (ed.). "Composition And Geometry Of Titan'S Dunes". Consultado o 24-04-2010. 
  3. 3,0 3,1 The Smithsonian/NASA Astrophysics Data System (ed.). "The Dunes of Shangri-La : New Cassini RADAR results on patterns of aeolian features and the influence of topography". Consultado o 24-04-2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar