Severino Lagares Gundín

garda civil galego

Severino Lagares Gundín, nado en Vilasantar en 1899 e finado na Coruña o 4 de maio de 1951, foi un garda civil que foi designado como alcalde de Vilasantar durante a guerra civil española.

Infotaula de personaSeverino Lagares Gundín
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Vilasantar, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilasantar
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , garda civil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do industrial José Larares Fandiño, que foi xuíz municipal de Vilasantar, Severino ingresou na Garda Civil.

O 5 de agosto de 1925 Manuel Blanco Fernández dirixíase ao serradoiro no que traballaba, cando ao pasar pola Ponte do Sapo recibiu dous disparos. Aínda que el non sospeitaba de ninguén, segundo o informe da Garda Civil os rumores apuntaban a Severino Lagares, fillo do dono da fábrica, aínda que ningún veciño se prestou a declarar por medo a represalias. O fiscal pedía dous anos, oito meses e dous días de prisión para Lagares, pero o caso pechouse por falta de probas.[1][2]

En marzo de 1936 foi detido e posto a disposición xudicial por celebrar unha reunión clandestina na súa casa.[3]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o alcalde democraticamente elixido, Antonio Iglesias Corral, da Fronte Popular, foi apartado do cargo (e máis tarde fusilado) e Severino Lagares foi designado para ocupar o seu posto.[4] Finou na Coruña o 4 de maio de 1951.[5]

Vida persoal editar

Casou con María Mosquera Aller e foi pai de María de las Nieves, María Luisa, Julia e Jaime Lagares Mosquera.

Notas editar

  1. El Orzán, 18 de novembro de 1926. Páx. 2
  2. La Voz de Galicia, 18 de novembro de 1926. Páx. 2
  3. La Voz de Galicia, 24 de marzo de 1936. Páx. 7
  4. La Voz de Galicia, 18 de agosto de 1936. Páx. 5
  5. La Voz de Galicia, 5 de maio de 1951. Páx. 4
Predecesor:
Antonio Iglesias Corral
  
Alcalde de Vilasantar
 
1936 - 1937
Sucesor:
Rafael Seijas Ladrón de Guevara