Servilia Cepión

nai de Bruto, o asasino de Xulio César
(Redirección desde «Servilia Cepionis»)

Servilia Cepionis, nada e finada entre os séculos II e I a.C., é unha das poucas mulleres romanas citadas polas fontes antigas. Era unha patricia, filla de Quinto Servilio Cepio o novo e de Livia Drusa. A través da súa nai era tamén medio irmá de Catón o Novo.

Infotaula de personaServilia Cepión

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Servilia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 100 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte42 a. C. Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Roma Antiga, probabelmente Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaServilii Caepiones (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarco Júnio Bruto, o Velho (pt) Traducir
Décimo Júnio Silano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaXulio César Editar o valor em Wikidata
FillosBruto
 () Marco Júnio Bruto, o Velho (pt) Traducir
Junia Secunda (pt) Traducir
 () Décimo Júnio Silano (pt) Traducir
Junia Prima (en) Traducir
 () Décimo Júnio Silano (pt) Traducir
Marco Júnio Silano (pt) Traducir
 () Décimo Júnio Silano (pt) Traducir
Júnia Tércia (pt) Traducir
 () Décimo Júnio Silano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisQuinto Servílio Cepião, o Jovem (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Livia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsQuinto Servílio Cepião (pt) Traducir, Gnaeus Servilius Caepio (en) Traducir, Servilia Minor (en) Traducir, Marco Pórcio Catão Uticense (pt) Traducir e Porcia Editar o valor em Wikidata
ParentesLivia (en) Traducir (female double cross-cousin (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Servilia creceu na casa do tribuno Marco Livio Druso, un tío materno, despois do escandaloso divorcio dos seus pais. Posteriormente casou con Décimo Xunio Bruto, un descoñecido na escena política. Deste casamento Servilia tivo un único fillo, Marco Xunio Bruto, un dos asasinos de Xulio César. Posteriormente casou con Décimo Xunio Silano, o cónsul do ano 42 a. de C., relación da cal naceron tres fillas, todas chamadas Xunia. Xunia Secunda casaría con Marco Emilio Lépido, o futuro triunviro (xunto con Augusto e Marco Antonio). Xunia Tertia, a máis nova das fillas, casaría con Caio Casio Lonxino, outro dos asasinos de César.

Pero a maior contribución de Servilia á historia, á parte do seu fillo, foi o feito de ser a amante de Xulio César, aínda a pesar de ser maior ca el, un feito inaudito na Roma daquela época. Ó contrario que as outras mulleres romanas, e quizais por mor da súa idade, Servilia non tiña a paciencia para esperar sentada por César. Esta ousadía puido causar que a súa relación se fisexe pública. Unha anécdota famosa conta que, durante a reunión do senado na que se discutía a conspiración de Catilina, Servilia mandoulle a César unha carta de amor. Este tratou de ler a mensaxe discretamente pero Catón, o seu maior inimigo, viuno e acusouno de estar involucrado na conspiración. Cesar afirmou que a mensaxe era da súa amante pero Catón, non crendo unha excusa tan aparentemente pueril, desafiouno a probalo quitándolle a mensaxe das mans. Desafortunadamente para el, César tiña razón; era certamente unha carta de amor da súa amante Servilia, a medio irmá do propio Catón. Isto converteuse rapidamente nun pequeno escándalo persoal. Servilia tivo que divorciarse do seu marido e os senadores romanos empezaron a preocuparse pola imaxe pública das súas casas. Mentres, César facíase famoso por parecer que se deitaba coas mulleres dos seus inimigos políticos.

Como proba do aprecio que tiña César por Servilia, Suetonio cita varios casos: César regaloulle, durante o seu primeiro consulado, unha perla valorada en máis de seis millóns de sextercios. Tamén César, xa durante a guerra civil, ofreceulle descontos nas poxas públicas que, segundo Cicerón, foran rebaixadas un terzo do seu valor ("tertia" en latín). De feito, pensábase que isto era debido a que Servilia ofrecera a súa propia filla Xunia Tertia cando o seu interese empezara a desaparecer. Tamén se rumoreaba que César era o pai da rapaza, pero é dubidoso que ambos os rumores fosen certos á vez. A relación de Servilia con César durou dende o ano -63 ata o asasinato deste último no -44.

Despois do asasinato de César por parte do seu fillo Bruto (e o seu xenro Casio), os conspiradores reuníronse na casa de Servilia e o seu consello foi tido en conta (aínda que non hai probas de que estivera involucrada na conspiración). A pesar diso, Servilia puido escapar indemne das purgas do segundo triunvirato. Despois da morte de Bruto, cuxas cinzas fóronlle enviadas dende Filipos, viviu ó cuidado de Tito Pomponio Atico, amigo de Cicerón, ata a súa morte por causas naturais.

Unha ficticia Servilia apareceu en 2005 na serie de televisión Roma, protagonizada por Lindsay Duncan. Na serie, Servilia aparece como a principal promotora do asasinato de César, ademais dunha rival da súa sobriña Atia, feitos que son máis ficticios que históricos.