Nunha mansión musulmá turca, un serrallo é unha estancia onde se confinaban as esposas e as concubinas. Nos pazos musulmáns correspóndese co harén.

Entrada do pazo de Topkapı, en Istambul, que dispón dun serrallo. 
Unha des estancias do serrallo.
The Reception, cadro de John Frederick Lewis.

O termo vén dunha variación en italiano do nome persa saray, que significa «pazo» ou «patio pechado». O pazo de Topkapı (en turco: Topkapı Sarayı) é o principal pazo de Istambul, que foi morada do sultán e que hoxe se converteu nun museo.

Outre accepciónn en Turquía refire aos pazos tradicionais e ás grandes mansións construídas no centro de patios amurallados.

En Irán, o termo serrallo designa un patio construído no seo dun bazar, destinado aos comercios e aos obradoiros.

Sobre todo no século XVIII foi un termo que despertara exóticas e luxuriosas fantasías dos europeos respecto á cultura do Imperio Otomán, tal e como fixera Mozart na súa ópera O rapto no Serrallo. Os grandes serrallos de Istambul están considerados como obras mestras da arquitectura otomá (por exemplo o antes referido Topkapi).