Serra do Canizo

serra na provincia de Ourense

A serra do Canizo é unha serra galega unida á serra Segundeira, arrodeada polo val do río Bibei na orientación norte e leste, e polo río Canela no oeste, no límite entre os concellos de Viana do Bolo ao norte e A Gudiña e A Mezquita ao sur. O cumio de maior altitude é O Testeiro, con 1446 metros sobre o nivel do mar.

Cordal oeste da serra do Canizo, desde O Testeiro ao Penedo Redondo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar