Serra Madre do Sur

Coordenadas: 17°33′N 100°18′O / 17.55, -100.3

A Serra Madre do Sur, en castelán Sierra Madre del Sur, é unha cadea montañosa localizada no sur de México que se estende ao longo de 1200 km entre o sur de Xalisco e o Istmo de Tehuantepec, ao oriente de Oaxaca. Corre paralela á costa do océano Pacífico e ao Eixe Neovolcánico, do que é separada pola Depresión de El Balsas. O Eixe Neovolcánico e a Serra Madre do Sur enlázanse no norte de Oaxaca, no Escudo Mixteco. A súa altitude media é de 2000 msnm, sendo o punto máis alto o cerro Quie Yelaag que posúe unha altura de 3710 msnm, no sur de Oaxaca.

Localización das Sierras principais de México.

Polo occidente, esta serra empeza como Serra de El Alo nos municipios de Tecalitlán e Pihuamo en Xalisco, posteriormente atravesa Michoacán, onde se coñece como serra de Coalcomán. Despois de cruzar o río Balsas, entra en Guerrero polo oeste onde recibe o nome de Cumios de La Tentación. Atravesa todo Guerrero e nos seus límites con Oaxaca é coñecida como Serra de Coicoyán.

Esta serra é atravesada por numerosos ríos, os cales forman notables canóns, principalmente en Guerrero, onde as partes altas son coñecidas como filos. A cordilleira é notable pola súa alta biodiversidade e o seu gran número de especies endémicas. Posúe ademais importantes depósitos de metais como o ouro e a prata; así como de chumbo e ferro.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar