Serie 598 de Renfe

A Serie 598 de Renfe é unha familia de automotores rexionais diésel dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora. Foron fabricados pola empresa vasca CAF. Acadan unha velocidade de 160 km/h.

Tren da serie 598 estacionado na Antiga estación de Vigo.

Historia editar

A serie, composta por 21 unidades, foi encargada en xuño de 2001. A primeira unidade foi finalizada en marzo de 2004, e iniciou servizo comercial no corredor atlántico en decembro de 2004. Na súa orixe foron denominados Nexios, marca comercial que caeu en favor da súa numeración: R-598[1]. O custo da serie completa foi de 95 millóns de euros, cun custo por unidade de 5,35 millóns de euros e por praza de 28.167 euros de 2006.[2]

Os 598 realizaron servizos en liñas andaluzas, galegas e estremeñas. En moitas delas víronse desprazados pola serie máis moderna e numerosa 599. Está previsto adaptar estes trens para PMRs, instalando tamén un elevador especial na porta intermedia. Renfe dispón de varios destes automotores en alugueiro.

Accidentes en Galiza editar

En 2005, pouco tempo despois da súa estrea, un vehículo desta serie que cubría o traxecto entre Pontevedra e Vigo sufriu unha grave colisión cunha escavadora, que invadira parcialmente a vía, nas proximidades da estación pontevedresa.[3]

O 25 de abril de 2007 tres homes morreron no interior do vehículo que viaxaban logo de recibir o impacto dun S-598 en servizo nun paso a nivel en Valga, preto da estación de Pontecesures.[4]

Características editar

Cada unidade consta de 3 coches, dous motores extremos e un remolque intermedio. Son automores diésel cunha potencia total de 1.352 kW, un deseño de baixo perfil aerodinámico e que permiten ao tren unha velocidade máxima de 160 km/h en tipo D. Todas as unidades desta serie teñen instalado o sistema de basculación SIBI que xa se instalou na subserie 100 dos TRD.

Servizos editar

Todos os trens deste tipo operaban servizos denominados R-598, e no caso da liña 52, tamén algúns servizos de Rexional Exprés. Actualmente pasaron a circular como Intercity e MD. Tamén realizan servizos da liña C-3 de proximidade de Sevilla, substituíndo aos antigos automotores da serie 592.

Notas editar

  1. Alonso Mostaza, J. C. "Unidades basculantes serie 598" (PDF). Railwaymania (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06-03-2016. Consultado o 30-12-2017. 
  2. "La serie 598 de Renfe al detalle". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2017-12-30. 
  3. "La Guardia Civil trata de esclarecer la colisión del Nexios ocurrida en Pontevedra". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 
  4. "Tres muertos en Pontevedra al arrollar un tren el vehículo con el que cruzaban un paso a nivel". El Diario Vasco (en castelán). 2007-04-25. Consultado o 2018-10-04. 

Véxase tamén editar

  • R-598: servizo realizado con esta serie de trens.

Ligazóns externas editar