Sergio Llull

baloncestista español

Sergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta.

Sergio Llull
Real Madrid  – No. 23
Información persoal
Nacemento 15 de novembro de 1987 (36 anos)
Maó, Menorca
Nacionalidade España
Altura 1,92 m (6 ft 3.75 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Posición Base / Escolta
Liga ACB
Información da carreira
Carreira dende 2005
Historial de equipos

España Bàsquet Manresa (2005–2007)
España →Finques Olesa (2005–2006)
España Real Madrid (2007–presente)

Premios e galardóns

Traxectoria editar

Llull comezou xogando nas canteiras do La Salle Mahón e do CB i Unió Manresana. Fixo o seu debut na Liga ACB co Bàsquet Manresa na tempada 2005-06, o 8 de xaneiro de 2006. Esa mesma tempada xogou 11 partidos coma cedido no Finques Olesa. Á seguinte tempada estivo de volta no Manresa, e en maio de 2007 fichou polo Real Madrid.[1] En 2010, Llull estendeu o seu contrato co Real Madrid ata o ano 2014.[2]

Foi elixido polos Denver Nuggets na 34ª posición do Draft da NBA de 2009. Os Houston Rockets mercaron os seus dereitos por unha cantidade preto dos 2.25 millóns de dólares.[3]

Clubs editar

Palmarés editar

Selección editar

Club editar

Real Madrid

Notas editar

  1. ACB.com, ed. (10 de maio de 2007). "El Real Madrid anuncia el fichaje del base menorquín Sergi LLull" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2008. 
  2. "Sergio Llull amplía su contrato con el Real Madrid hasta 2014 - EcoDiario.es". ecodiario.eleconomista.es (en castelán). 2010-07-19. Consultado o 2020-04-17. 
  3. Marca.com Sergio Llull es la segunda ronda más cara de la historia del 'draft' de la NBA. (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar