Semih Erden

baloncestista turco

Semih Erden, nado o 28 de xullo de 1986 en Istambul, é un xogador profesional de baloncesto turco que xoga no İstanbul BŞB da Türkiye Basketbol Ligi. Mide 2,13 metros e xoga de pivote.

Semih Erden
İstanbul BŞB  – No. 9
Información persoal
Nacemento 28 de xullo de 1986 (37 anos)
Istambul
Nacionalidade Turquía Turquía
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Pivote
Liga Türkiye Basketbol Ligi
Información da carreira
Pre-draft club Fenerbahçe Ülker
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 60
Por Boston Celtics
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Darüşşafaka (2003–2004)
Partizan (2004–2005)
Fenerbahçe (2005–2010)
Boston Celtics (2010–2011)
Cleveland Cavaliers (2011–2012)
Beşiktaş (2011)
Anadolu Efes (2012–2014)
Fenerbahçe (2014–2015)
Darüşşafaka (2015–2017)
Hacettepe Üniversitesi (2017)
Beşiktaş (2017–2018)
İstanbul BŞB (2018–presente)

Traxectoria profesional editar

Europa editar

Comezou a súa carreira profesional no Darüşşafaka en 2003, con 17 anos,[1] pertencendo ao equipo júnior. Chegou a debutar co primeiro equipo disputando tres minutos ante o Tofaş Bursa, anotando un punto e capturando dous rebotes. Ao ano seguinte fichou co KK Partizan, cos que disputou a Naša Sinalko Liga (liga serbia), onde proclamou campión; a Euroliga, onde xogou 10 partidos promediando 3,0 puntos e 2,3 rebotes; e a liga do Adriático, onde a súa mellor actuación produciuse ante o KK Hemofarm, anotando 17 puntos e collendo 7 rebotes.

En 2005 regresa ao seu país, fichando polo Fenerbahçe, onde fai 6,7 puntos e 5,4 rebotes por partido na liga turca, tendo a súa mellor actuación ante o Galatasaray, onde consegue un dobre-dobre, con 13 puntos e 18 rebotes.[2] Ao ano seguinte gaña o seu primeiro título de campión da liga turca, axudando ao equipo con 5,9 puntos e 3,4 rebotes por partido. Na Euroliga disputa 8 partidos, nos que fai 4,5 puntos e 3,1 rebotes de media.

En 2008 gaña a súa segunda liga turca, tendo unha grande actuación nas finais ante Turk Telekom, facendo nos 5 partidos 9,2 puntos e 5,4 rebotes. Na Euroliga disputa 15 partidos, nos que faia 6,7 puntos e 4,0 rebotes. En 2009 as súas estatísticas na liga turca son de 8,8 puntos e 4,3 rebotes, conseguindo a súa mellor anotación ante o Aliaga Petkim, con 18 puntos. Na Euroliga disputa 12 partidos, nos que fai 6,6 puntos e 4,0 rebotes. Na súa última tempada na liga de Turquía, en 2010 faría 8,7 puntos e 5,4 rebotes, logrando o seu punto número 1.000 na devandita competición o 19 de decembro de 2009.[3]

Selección nacional editar

Debutou coa selección turca en competición oficial nos Mundiais de 2006 celebrados no Xapón, onde promedió 2,2 puntos e 2,3 rebotes por partido. en 2009 participou no Campionato de Europa celebrados en Polonia, onde foron eliminados por Grecia en cuartos de final. E en 2010 formou parte do equipo que logrou a medalla de prata no Campionato do Mundo celebrado no seu país.

NBA editar

Foi elixido na sesaxésima posición do Draft da NBA de 2008 por Boston Celtics, mais como o xogador tiña aínda contrato co Fenerbahçe quedou no seu país. O 5 de xullo de 2010 asina finalmente cos de Massachussets, un contrato garantido por unha tempada e con opción a unha segunda. Nos seus seis primeiros encontros de pretempada fico unha media de 6,0 puntos e 4,2 rebotes.

Notas editar

  1. Estatísticas de Erden en Darüşşafaka
  2. "Semih Erden 2005-2006 Season Game Log". Consultado o 26 de outubro de 2010. 
  3. "Semih Erden 2009-2010 Season Game Log". Consultado o 26 de outubro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar