Selva costeira ecuatorial atlántica

A selva costeira ecuatorial atlántica é unha ecorrexión da ecozona afrotropical, definida por WWF, que se estende dende o suroeste do Camerún até o extremo oeste da República Democrática do Congo.

Mapa da selva costeira ecuatorial atlántica.

Forma, xunto coas ecorrexións da selva costeira do Cros-Sanaga e Bioko e selva de terras baixas de Santo Tomé, Príncipe e Annobón, a rexión denominada selva costeira do Congo.

Descrición editar

É unha ecorrexión de selva chuviosa que ocupa 189.700 quilómetros cadrados ó longo da costa atlántica de África central; inclúe o suroeste do Camerún, ó sur do río Sanaga, a práctica totalidade do río Muni, na Guinea Ecuatorial, o oeste de Gabón, e prolóngase cara ó sur nunha estreita franxa que atravesa o oeste da República do Congo, o interior do enclave de Cabinda (Angola) e o extremo oeste da República Democrática do Congo, ó norte das bocas do río Congo.

Limita polo norte coa selva costeira do Cros-Sanaga e Bioko, polo leste coa selva de terras baixas do Congo noroccidental, polo sur e polo leste co mosaico de selva e sabana do Congo occidental e polo oeste co océano Atlántico e co mangleiro de África central.