Coordenadas: 48°00′N 8°15′L / 48.000, -8.250

A Selva Negra, (en alemán: Schwarzwald; en latín Marciana Silva 'bosque fronteirizo') é unha área montañosa de orixe paleozoica situada na parte suroccidental de Alemaña, no Land de Baden-Württemberg, constituíndo o máis vasto macizo da faixa de relevos centrais ou Mittelgebirge.

Topografía da Selva Negra.

Xeografía editar

A Selva Negra esténdese ao longo do denominado Dreiländereck, é dicir, a zona onde se unen os confíns territoriais de Suíza, Francia e Alemaña, seguindo unha dirección norte durante uns 160 km, en paralelo á foxa Renana; no extremo meridional acada unha largura de 60 km, namentres que no norte o ancho é só de 30 km.

O río Kinzig representa o linde entre a Selva Negra setentrional e a Selva Negra Central (mittlerer Schwarzwald), no entanto o río Dreisam separa a Selva Negra meridional, na cal se erguen as cimas máis altas do seu relevo; esta área é tamén chamada Alta Selva Negra (Hochschwarzwald).

Montañas editar

A montaña máis elevada da Selva Negra é o Feldberg (1.493 m s.n.m.) situado na parte meridional. Outros cumes situados na mesma área son o Herzogenhorn (1.415 m) e o Belchen (1.414 m). Na parte setentrional a cima máis alta é o Hornisgrinde (1.166 m).

Lagos e cursos de auga editar

Os principais ríos que nacen na Selva Negra son o Neckar (367 km), Wutach (118 km), Enz (112 km), Kinzig (95 km), Murg (96 km), Nagold (92 km) e Wiese (55 km). Da Selva Negra xorden tamén os ríos Brigach (43 km) e Breg (49 km), que uníndose forman o Danubio.

Os lagos principais da rexión son o Glaswaldsee, o Kirnbergsee, o Feldsee, o Titisee e máis o Schluchsee.

Metas turísticas editar

Son destacábeis na zona as cidades de Friburgo e Baden-Baden, así como as pequenas cidades de Gengenbach e Staufen. Desde un punto de vista paisaxístico merecen salientarse o Feldberg e o Belchen, ademais do Monte Kandel e o Schauinsland. Outros destinos turísticos importantes son os lagos, sobre todo o Titisee e o Schluchsee. Na área meridional da Selva Negra instituíuse un parque natural de cerca de 333.000 ha, que é o de meirande extensión de Alemaña.

 
Panorama típico.

Museos editar

  • Vogtsbauernhof é un museo ao aire libre, con numerosas reconstrucións dos obradoiros artesanais da Selva Negra.
  • Museo Alemán dos Reloxos en Furtwangen, mostra a súa historia e evolución.