Selección de rugby de Austria

A selección de rugby de Austria representa a Austria nas competicións oficiais de rugby. Actualmente se encontra na terceira división da clasificación de seleccións internacionais da IRB, ocupando o posto número 79. A selección austríaca comezou a xogar partidos internacionais a principios dos anos '90. Austria nunca participou na European Nations Cup nin na Copa do Mundo.

Austria
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Steinböcke
UniónÖsterreichischer Rugby Verband
AdestradorDavid Holby
CapitánOmar El Agrebi
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual88 (28 de outubro de 2019)
Estrea internacional
Hungría Hungría 23−9 Austria Austria
3 de maio de 1992
Maior vitoria
Austria Austria 77−0 Luxemburgo Luxemburgo
12 de maio do 2001
Maior derrota
Austria Austria 0−78 Ucraína Ucraína
14 de maio de 1994
Copa do Mundo
ParticipaciónsNingunha

Historia editar

Austria xogou o seu primeiro partido oficial o 3 de marzo de 1992 fronte á Hungría, caendo por 23 a 9. O combinado austríaco tivo outro partido contra Hungría ese mesmo ano (o seu primeiro partido a domicilio e terceiro da súa historia e no cal perdeu por 3 a 5), así como dous partidos contra Eslovenia.

A primeira vitoria de Austria chegou nun partido contra Serbia e Montenegro en 1996. Austria conseguiu gañar máis partidos, e so perder algúns partidos esporádicamente a finais dos '90. Logo de non gañar ningún partido no 2002, Austria gañou tódolos partidos do 2004, creando un muro irrompible que so foi roto por Dinamarca no 2005.

Rexistros editar

Outros editar

O 3 de maio do 2008 tivo lugar un incidente no centro de Vilnius (Lituania), onde ao redor de 20 membros do equipo austríaco protagonizaron un infrecuente e non oficial acto, ao beberen espidos. Logo disto, a Federación Austríaca de Rugby condenou esta actitude e a tachou de inaceptable.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar