O sedentarismo é o establecemento dunha poboación humana nun lugar fixo indefinidamente, ao revés dos nómades que desprazan o seu fogar dun lugar a outro. Hoxe en día case a totalidade dos seres humanos son sedentarios.

Imaxe dunha parella americana sedentaria en fronte da súa vivenda permanente.

Comezo editar

O sedentarismo empeza hai 10 mil anos aproximadamente en Mesopotamia e a China desde onde se estende aos demais continentes. Hai 10 mil anos, no comezo da desglaciación, os continentes quentáronse e volvéronse aptos para a agricultura e a cría de animais. Entre os ríos Tigris e Éufrates, empezou a desenvolverse a agricultura e a gandería en vez da recolección e a caza de animais. Isto permitiu o aumento dos grupos humanos creando as primeiras cidades.