Sebadoh é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1986 en Westfield, Massachusetts por Eric Gaffney e o baixista de Dinosaur Jr Lou Barlow. Xunto con grupos como Pavement e Guided by Voices, Sebadoh foi un dos pioneiros da música lo-fi, un estilo de indie rock characterizado polas súas técnicas de gravación de baixa fidelidade, a miúdo con aparellos de catro pistas. Os primeiros traballos da banda, como The Freed Man (1990), Weed Forestin' (1990) e Sebadoh III (1991), son típicos deste estilo. Tras o lanzamento de Bubble & Scrape en 1993, Gaffney deixou a banda. O seu substituto, Bob Fay, apareceu en Bakesale (1994), pero foi despedido antes das sesións do seu primeiro álbum cun gran selo, The Sebadoh (1999).

Sebadoh
OrixeWestfield, Massachusetts,
Período1986 - presente
Xénero(s)indie rock, lo-fi
Selo(s) discográfico(s)Domino, Sub Pop, Homestead Records, City Slang Records, Siltbreeze, Vertical Records
MembrosLou Barlow
Jason Loewenstein
Bob D'Amico
Antigos membrosEric Gaffney
Bob Fay
Russell Pollard
Artistas relacionadosDinosaur Jr., The Folk Implosion, Sentridoh, The Fiery Furnaces
Na rede
sebadoh.com
IMDB: nm3118328 Facebook: realsebadoh Twitter: realsebadoh MySpace: sehbahdough Bandcamp: sebadohSouncloud: sebadoh-official Spotify: 2wrhBKGC3DTNNNDRJPaxW6 Last fm: Sebadoh Musicbrainz: d98c8149-0c01-4151-93e1-48fdc3d5027f Songkick: 240326 Discogs: 68467 Allmusic: mn0000840523 Genius: Sebadoh Editar o valor em Wikidata

A banda entón pasou por un período de 14 anos de hiato sen editar nada, durante o cal os seus membros dedicáronse a outros proxectos xirando ocasionalmente como Sebadoh. O grupo, liderado polo vocalista Lou Barlow, regresou no ano 2013 co EP Secret e un álbum titulado Defend Yourself, ámbolos dous autoeditados. O seu último álbum ata a data é Act Surprised, editado no ano 2019 a través do selo Dangerbird Records.

Historia editar

Lou Barlow era o baixista da banda de rock alternativo Dinosaur Jr. a finais dos anos 80. Aínda que tanto Barlow como o líder J Mascis compoñían cancións, o material de Mascis diminaba a obra do grupo debido a que Barlow sentíase intimidado polos esforzos compositivos do guitarrista.[1] Barlow gastaba cada vez máis tempo gravando as súas propias cancións en casa. Barlow e Eric Gaffney publicaron o casete Weed Forestin' en 1987 a través do selo Homestead Records baixo o nome de Sebadoh, que era unha palabra sen sentido que Barlow murmuraba a miúdo nas súas gravacións.[2] Tanto Barlow como Gaffney contribuíron ao casete The Freed Man (1988). O director de Homestead Records, Gerard Cosloy, escoitou o casete de The Freed Man e publicouno como un álbum a través do selo en 1989. Pouco despois do lanzamento do casete Barlow foi expulsado de Dinosaur Jr. Co paso do tempo os lanzamentos de Sebadoh convertéronse no xeito de Barlow para abordar os problemas de control que manifestaba, e a súa expulsión de Dinosaur Jr; Barlow dixo, "Conseguín moito odio só por escribir esas cancións".[3] Jason Loewenstein uniuse no verán de 1989 e o primeiro lanzamento no que tocou foi o sinxelo "Gimme Indie Rock" de 1991.[4] A banda só realizou dez concertos na área do oeste de Massachusetts, Boston e Nova York entre 1989 e 1990, antes de que se lanzase o seu terceiro álbum, Sebadoh III.[4]

Despois de xirar con Firehose en 1991, o grupo fichou por Sub Pop (Domino no Reino Unido e City Slang en Alemaña) no ano 1992, e publicou dous EPs, Rocking the Forest e Sebadoh vs. Helmet, con só dous meses de diferenza. Eses EPs combináronse, quitándose algúns temas, no disco Smash Your Head on the Punk Rock. O seu cuarto álbum, Bubble & Scrape, foi editado en abril de 1993. Ese mesmo ano o EP Soul and Fire describiu humoristicamente o obxectivo musical da banda como "dirixir a decenas de lemmings en idade universitaria aos cantís da imaxinación limitada".[5]

 
Lou Barlow con Sebadoh en 2019

Tras Bubble & Scrape Gaffney deixou a banda. O seu substituto, Bob Fay, apareceu en Bakesale (1994) e en Harmacy (1996).[6] Fay foi despedido antes das sesións de gravación para The Sebadoh (1999) e foi substituído por Russ Pollard, un amigo de Loewenstein de Louisville. A banda saíu de xira para promocionar este álbum, facendo unha parada en Toronto no mes de marzo.[7] Despois o grupo entrou en hiato, con Barlow concentrándose no seu outro proxecto, Folk Implosion,[4] e Loewenstein traballando no material para o seu álbum de estrea en solitario, At Sixes and Sevens, editado en 2002. Os dous reuníronse para realizar concertos a finais de 2003 e a principios de 2004.

En marzo de 2007, a formación clásica de Sebadoh, composta por Barlow, Gaffney e Loewenstein, saíu de xira por vez primeira en catorce anos. Este feito coincidiu cunha serie de reedicións dos seus primeiros álbums con discos extra de temas inéditos. Primeiro chegou a reedición de Sebadoh III, e despois as de The Freed Man e Bubble & Scrape.

A xira de reunión continuou en 2008, e no mes de maio incluíu un concerto como parte do festival All Tomorrow's Parties, celebrado en Londres, onde a banda interpretou na súa totalidade o álbum Bubble & Scrape.

En 2011 Sebadoh xirou para promocionar as reedicións dos álbums Bakesale e Harmacy. Aínda que Bakesale foi reeditado a tempo, o novo lanzamento de Harmacy en aínda non fora publicado a finais de 2019.[8] No lugar de Gaffney na batería estivo Bob D'Amico, que toca con Loewenstein tanto en Circle of Buzzards como en The Fiery Furnaces.[9]

En marzo de 2012 Lou Barlow reeditou as primeiras gravación de Weed Forrestin' a través do Bandcamp de Sebadoh, dispoñibles como descarga dixital, dobre CD, vinilo e tamén como unha edición deluxe coas sesións Child of the Apocalypse en casete. Cincuenta copias de "Weed Forrestin" viñeron como unha sorpresa extra mercando a edición limitada da reedición dos tres primeiros álbums de Dinosaur Jr. nunha caixa de casetes lanzada por Joyful Noise en 2012.[10]

A banda foi elixida por Jeff Mangum de Neutral Milk Hotel para actuar no festival All Tomorrow's Parties, do que era comisario, no mes de marzo de 2012 en Minehead, Inglaterra.[11]

En xullo de 2012 Sebadoh publicou o EP Secret a través da súa páxina de Bandcamp, dispoñible como descarga dixital. Copias en CD só se puideron conseguir nos concertos da súa xira de 2012. No mes de xuño de 2013 Joyful Noise publicou o EP en vinilo.

O seu oitavo álbum de estudio, Defend Yourself, foi lanzado por Joyful Noise Recordings o 17 de setembro de 2013. O disco estreouse no número 1 da lista Novos artistas alternativos, da revista Billboard, aínda que a banda levaba xunta uns 27 anos nese momento.

O 1 de marzo de 2019 o grupo anunciou que o seu noveno álbum de estudio, Act Surprised, sería publicado o 24 de maio dese ano a través do selo Dangerbird Records. Ese mesmo día publicouse o sinxelo "celebrate the void".[12]

Membros editar

Actuais editar

Pasados editar

  • Eric Gaffney - voces, batería, guitarra (1986 - 1994, 2007 - 2011)
  • Bob Fay - batería, voces (1994 - 1998)
  • Russell Pollard - batería (1998 - 2000)

Liña de tempo editar

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
The Freed Man 1989 Homestead Records
Weed Forestin' 1990 Homestead Records
Sebadoh III 1991 Homestead Records
Bubble and Scrape 1993 Sub Pop Records
Bakesale 1994 Sub Pop Records
Harmacy 1996 Sub Pop Records
The Sebadoh 1999 Sire Records
Defend Yourself 2013 Joyful Noise, Domino
Act Surprised 2019 Dangerbird Records

EPs editar

Álbum Ano Selo
Asshole 1990 Vertical Records
Gimme Indie Rock 1991 Homestead Records
Oven Is My Friend 1991 Siltbreeze
Rocking the Forest 1992 Domino
Sebadoh vs Helmet 1992 Domino
4 Song CD 1994 Domino
Princess 1996 Sub Pop Records
Secret 2012 autoeditado

Recompilatorios editar

Álbum Ano Selo
The Freed Weed 1990 Homestead Records
Smash Your Head on the Punk Rock 1992 Sub Pop Records
Wade Through the Boggs 2007 autoeditado

Notas editar

  1. Azerrad, 2001. p 357
  2. Azerrad, 2001. p. 359
  3. Azerrad, 2001. p. 373
  4. 4,0 4,1 4,2 Colin Larkin, ed. (1997). The Virgin Encyclopedia of Popular Music (Concise ed.). Virgin Books. pp. 1065/6. ISBN 1-85227-745-9
  5. Mojo, setembro de 1996, p. 28
  6. Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5ª ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 856–857. ISBN 1-84195-017-3
  7. "Live Reviews - Sebadoh - March 7, 1999". web.archive.org. 2000-02-03. Archived from the original on 03 de febreiro de 2000. Consultado o 2019-12-26. 
  8. "Sebadoh - Harmacy". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-26. 
  9. "Interview: Sebadoh". www.sandiego.com (en inglés). 2011-01-31. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-26. 
  10. "News :: Announcing... the Dinosaur Jr. Cassette Trilogy -". web.archive.org. 2013-09-17. Archived from the original on 17 de setembro de 2013. Consultado o 2019-12-26. 
  11. "ATP curated by Jeff Mangum (Neutral Milk Hotel)". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2019-12-26. 
  12. "Sebadoh Announce New Album Act Surprised, Share Song: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-26. 

Bibliografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar