Scrubs é unha serie de televisión estadounidense que comezou a emitirse o 2 de outubro de 2001 pola NBC.

Scrubs
FormatoComedia e drama
Creado porBill Lawrence
Desenvolvido porABC Studios
Dirixido porAdam Bernstein
Marc Buckland
Matthew Diamond
IntérpretesZach Braff
Sarah Chalke
Donald Faison
Neil Flynn
Ken Jenkins
John C. McGinley
Judy Reyes
Tema de apertura"Superman" de Lazlo Bane
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios168
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Bill Lawrence
Garrett Donovan
Neil Goldman
Bill Callahan
Tad Quill
Duración22 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC (2001-2008)
ABC (2008-Presente)
Formato de imaxe4:3 480i (SDTV)
16:9 720p (HDTV) (ABC)
Primeiro episodio2 de outubro de 2001
Derradeiro episodio6 de maio de 2009
Na rede
http://www.scrubs-tv.com/
IMDB: tt0285403 Filmaffinity: 459102 Allocine: 98 Rottentomatoes: tv/scrubs Allmovie: v255659 Metacritic: tv/scrubs TV.com: shows/scrubs Netlix: 70153393Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Creada por Bill Lawrence. a serie céntrase na vida de varios empregado do hospital docente Sacred Heart, co doutor "J.D." Dorian como o protagonista principal, un neno grande que posúe a particularidade de perderse nos seus pensamentos, retransmitidos pola súa voz interior, e de imaxinarse escenas inspiradas na realidade que se representan na pantalla, por veces no medio dunha discusión cos outros personaxes, que frecuentemente son lareteiros, brincadeiros; os diálogos son de ritmo rápido e surrealista. Durante a sétima tempada, NBC anunciou que non renovaría o programa pero ABC mercou os dereitos e o 6 de xaneiro de 2009 comezou a oitava tempada en ABC producida por ABC Studios.

Cada episodio estrutúrase arredor de historias tematicamente ligadas pola voz en off de J.D., que fai de narrador. Pese a que a serie é esencialmente cómica, os episodios teñen pasaxes serias con temas como a enfermidade, a morte, o amor ou a amizade. No final da maioría dos episodios, J.D. resume a moral filosófica ou o tema do episodio.

O último capítulo da oitava temporada, chamado My Finale, foi emitido o 6 de maio de 2009 pola cadea ABC, e como confirmou Zach Braff (o protagonista) no seu MySpace[1], haberá unha novena tempada, mais xa con outros actores. El participará nos primeiros episodios para enlazar a historia, a igual que Sarah Chalke, e logo deixaran paso aos novos personaxes.

Personaxes da ficción editar

Principais editar

 
Zach Braff é J.D.
 
Sarah Chalke fai da Dra. Elliot Reid.
 
Donald Faison é Turk, o mellor amigo de J.D.
  • Dr. John (J.D.) Dorian (Zach Braff). Médico interno do hospital do Sacred Heart. "J.D." é o narrador dos episodios da serie. Vén sendo o mellor amigo de Turk, ao cal coñece dende o instituto, co que leva unha relación bastante sincera mais pueril, polos seus xogos particulares. Ten o hábito de soñar esperto, imaxinándose situacións pouco realistas e moi histriónicas. A pesar dalgúns defectos e de ser moi inseguro, é un doutor bastante competente e que lle gusta o seu traballo. Ten numerosos amoríos, pero o máis destacábel é o que ten coa súa compañeira Elliot, coa que mantivo unha relación amorosa con moitos altibaixos. Acaba tendo un fillo coa uróloga Kim Briggs, chamado Sam, na honra de seu pai, falecido. Posúa unha nula cultura deportiva, ama o seu cabelo, o seu cu e os appletinis (un trago pouco masculino).
  • Dra. Elliot Reid (Sarah Chalke). Médica interna do hospital especializada en endocrinoloxía. Amiga íntima de J.D. co cal tivo numerosas relacións ao longo da serie. Naceu en Connecticut, onde seu padre foi un importante xefe de medicina. É unha persoa algo hiperquinética e con defectos: ten ataques de pánico, é claustrofóbica, ten fobia aos xermes e fobia ás fobias, aínda que tamén é unha boa doutora. Lévase ben cos demais médicos e con Carla, as cales son boas amigas, aínda que ao principio a relación era difícil.
  • Dr. Christopher "Turk" Duncan Turk (Donald Faison). Un dos médicos cirurxiáns do hospital, que na oitava temporada é ascendido a xefe de cirurxía. É o mellor amigo de "J.D." dende o instituto, levando unha relación dunha "adorábel parella gay interracial" (un chiste da serie). De natureza competitiva, sempre se obstina en gañar. Casa con Carla, coa cal ten unha nena (Izzy) e que esperan outro (oitava temporada). É un excelente bailarín e moi deportista, sae moitas veces xogando ao baloncesto nas aforas do hospital. Padece diabetes do tipo 2 e perdeu un testículo debido a un golpe que lle deu súa filla, o que é motivo de constante mofa de "J.D.".
  • Carla Espinosa Turk (Judy Reyes). Enfermeira orixinaria da República Dominicana. Casa con Turk, con quen tivo un longo noivado até que acabaron casando no final da terceira tempada. É amiga de J.D., a quen protexe e defende cando o Dr. Cox o molesta sen razón ningunha, e de Elliot, a pesar que nun principio a súa relación non era moi boa. Tende a dicirlle ás persoas os seus defectos e a darlles consellos sen que llos pidan. Non acepta de bo grado que lle fagan bromas, polo que ante estas adoita reaccionar esaxeradamente.
  • Dr. Percival Ulysses "Perry" Cox (John C. McGinley). Xefe de persoal do hospital, logo que o Dr. Robert Kelso deixara o cargo por retiro. Foi o xefe de medicina interna do hospital, tendo a cargo aos novos internos que chegaban a este. Foi así como "J.D." viu nel un mentor, a pesar que Cox lle mostra sempre claramente o desagrado cara a súa persoa. É un médico orgulloso e bastante directo coa xente, e moi intelixente. A pesar do seu duro carácter, trata ben aos seus pacientes, mais ten sempre discusións cos seus superiores. Está separado de Jordan Sullivan (coa que ten dous fillos), mais coa que leva unha estraña relación amorosa que se basea en rivalidades e burlas.
  • Dr. Robert "Bob" Kelso (Ken Jenkins). Foi o xefe de persoal do Sacred Heart até que se retirou na sétima temporada porque Elliot, ao intentar festexarlle o seu aniversario número 60 desvelou a súa verdadeira idade ao consello (cousa que mantiña en segredo), e foi despedido por iso. É un home cruel, que aprecia maiormente o benestar económico do hospital por riba da saúde dos seus pacientes, agás en casos de xente próxima a el. Traballaba moito con Ted, o avogado do nosocomio, ao cal humillaba constante. Gañouse unha ración vitalicia de panecillos, polo que visita regularmente o comedor do hospital. Está casado cunha muller que el mesmo describe como obesa mórbida e neurótica e ten un fillo heavy gay.
  • O celador (Neil Flynn). É un dos conserxes do hospital, pero é o que máis aparece na serie. Debido a un incidente no primeiro día como médico interno de J.D., ambos levan unha eterna rivalidade, onde o conserxe lle fai a vida imposíbel a Dorian a base de bromas. Malia á súa mala relación con J.D., lévase moi ben con Elliot, da cal namorou durante un tempo. É un home moi raro e sábese moi pouco del: embalsama animais, fala arredor de 4 idiomas, unha vez deu a entender que actuara na película "O fuxitivo" como policía. No último capítulo da serie confésalle a Dorian o seu verdadeiro nome, Glenn Matthews, aínda que logo se refiren a el como "Tommy", ficando así a incerteza de cal sería o seu nome real.

Secundarios editar

Cameos editar

  • Gary Busey como el mesmo
  • David Copperfield como el mesmo (temporada 2, capítulo 9)
  • Carrot Top como el mesmo (temporada 3, capítulo 9)
  • Colin Farrell como Billy Callahan (temporada 4, capítulo 14)
  • Michael J. Fox como o doutor Kevin Casey (temporada 3, capítulos 16 e 17)
  • Jaimie Foxx como o irmán de Turk
  • Brendan Fraser como Ben Sullivan (temporada 1, capítulos 22 e 23; temporada 3, capítulo 13)
  • Heather Graham como a doutora Molly Clock (temporada 4, capítulos 1-8 e 19)
  • Heather Locklear como Julie Keaton (temporada 2, capítulos 7 e 8)
  • Mandy Moore como Julie Quinn
  • Matthew Perry como Murray Marks (temporada 4, capítulo 11)
  • Tara Reid como Danni Sullivan (temporada 3, capítulos 7,8,9,10,11,13,19 e 20. temporada 4 capítulo 16)
  • John Ritter como Sam Dorian, pai de J.D. (temporada 1, capítulo 19)
  • Dick Van Dyke como Dr. Townshend (temporada 2, capítulo 14)
  • Billy Dee Williams como o padriño de July (temporada 5, capítulo 10)
  • Bill Lawrence (creador e produtor executivo da serie) como un xuíz de paz (temporada 8, capítulo 15) e como conserxe (temporada 8, capítulo 18)
  • Courteney Cox como a xefa de medicina na temporada 8.

Notas editar