Scottish Aviation Bulldog

O Scottish Aviation Bulldog é un avión de adestramento británico de dous asentos lado a lado (cun terceiro asento opcional) deseñado por Beagle Aircraft como o B.125 Bulldog.[1]

Scottish Aviation Bulldog
Tipoadestrador básico con capacidade acrobática
FabricanteBeagle Aircraft/Scottish Aviation
Primeiro voo19 de maio de 1969
Introducido1971
Principais usuariosRoyal Air Force
Produción1969 - 1982
Unidades construídas328

O prototipo do Bulldog voou por vez primeira o 19 de maio de 1969 no aeroporto de Shoreham. O primeiro pedido para o tipo foi por 78 unidades para a Forza Aérea e o Exército de Suecia. Antes de que se construínse ningún avión de produción, Beagle Aircraft deixou de operar e os dereitos de produción foron asumidos por Scottish Aviation (Bulldog) Limited.[1] Todos os avións posteriores foron construídos no aeroporto de Prestwick por Scottish Aviation, e máis tarde por British Aerospace.

Historial operativo editar

Suecia editar

Os primeiros 58 avións (coñecidos como SK 61A e SK 61B) foron entregados á Forza Aérea de Suecia en 1971 para substituír aos seus adestradores básicoa Saab 91 Safir. 20 máis foron entregados ao Exército de Suecia como FPL 61C en 1972, aínda que estes serían transferidos á Forza Aérea en 1989 como SK 61C.[2] En 2001 todos os avións foran retirados do servizo militar. 26 foron mercados en 2004 pola compañía húngara AVIA-Rent.[3]

Reino Unido editar

O principal cliente do Bulldog foi a Royal Air Force, que realizou un pedido por 130 unidades en 1972, entrando en servizo como o Bulldog T.1 en abril de 1973. O modelo foi Royal Air Force como adestrador básico como substituto do de Havilland Chipmunk, en particular como a aeronave estándar dos University Air Squadrons e, despois, dos Air Experience Flights, proporcionando adestramento de voo. O avión tamén foi utilizado pola Royal Navy para o adestramento elemental de voo (EFT) en RAF Topcliffe.[4]

A RAF vendeu os seus adestradores Bulldog restantes en 2001 como avións lixeiros de aviación xeral por un prezo baixo. Foron substituídos polo Grob Tutor.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Scottish Aviation Bulldog". www.baesystems.com. Consultado o 2024-05-05. 
  2. "SK 61A 61025". Flygvapenmuseum (en sueco). Consultado o 2024-05-05. 
  3. "SK 61 BULLDOG SAMMANSTÄLLNING". www.flygplanshistorik.se. Consultado o 2024-05-05. 
  4. 4,0 4,1 "Scottish Aviation Bulldog T Mk 1". RAF Museum (en inglés). Consultado o 2024-05-05.