Esciénidos

(Redirección desde «Sciaenidae»)

Os Esciénidos (Sciaenidae) é unha familia de peixes pertencente á orde dos Perciformes. Son peixes mariños distribuídos polos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, se ben algunhas especies en Suramérica viven en augas doces.

Corvinas á venda nun mercado

A especie característica é a corvina (Argyrosomus regius), pero con esta denominación común se coñecen moitas outras especies desta familia.

Características editar

Son peixes de corpo fusiforme ou oblongo, coa liña lateral ben aparente. Ás veces mostran unha barbela na mandíbula inferior.

A aleta dorsal é única, pero dividida por unha marcada escotadura en dúas partes, unha anterior espiñosa e unha posterior, máis longa, formada por raios brandos. A anal é moi curta e está precedida por dúas espiñas. As pectorais e ventrais son relativamente pequenas e insírense ó mesmo nivel; as ventrais con 1 espiña e 5 raios brandos. Aleta caudal arredondada ou truncada.

Clasificación editar

 
Sciaena umbra

A familia comprende 70 xéneros, divididos en 275 especies:

  • Aplodinotus
  • Argyrosomus
  • Aspericorvina
  • Atractoscion
  • Atrobucca
  • Austronibea
  • Bahaba
  • Bairdiella
  • Boesemania
  • Cheilotrema
  • Chrysochir
  • Cilus
  • Collichthys
  • Corvula
  • Ctenosciaena
  • Cynoscion
  • Daysciaena
  • Dendrophysa
  • Elattarchus
  • Equetus
  • Genyonemus
  • Isopisthus
  • Johnius
  • Kathala
  • Larimichthys
  • Larimus
  • Leiostomus
  • Lonchurus
  • Macrodon
  • Macrospinosa
  • Megalonibea
  • Menticirrhus
  • Micropogonias
  • Miichthys
  • Miracorvina
  • Nebris
  • Nibea
  • Odontoscion
  • Ophioscion
  • Otolithes
  • Otolithoides
  • Pachypops
  • Pachyurus
  • Panna
  • Paralonchurus
  • Paranibea
  • Pareques
  • Pennahia
  • Pentheroscion
  • Plagioscion
  • Pogonias
  • Protonibea
  • Protosciaena
  • Pseudosciaena
  • Pseudotolithus
  • Pteroscion
  • Pterotolithus
  • Roncador stearnsii
  • Sciaena
  • Sciaenops
  • Seriphus
  • Sonorolux
  • Stellifer
  • Totoaba
  • Umbrina

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.

Ligazóns externas editar