Savonlinnan Pallokerho

O Savonlinnan Pallokerho ou SaPKo é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Savonlinna (Finlandia). O club foi fundado en 1929 e dende a tempada 2006-07 ata a 2021-22 competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, ata que se declarou en bancarrota logo de finalizar a tempada. Xogaba os seus partidos como local no Talvisalon Gigantti-areena, un pavillón con capacidade para 2 833 espectadores.

Savonlinnan Pallokerho
Fundación1929
Cidade Savonlinna,
Savonia do Sur
Finlandia Finlandia
EstadioTalvisalon Gigantti-areena
(2.833 espectadores)
Campionatos1 (Mestis 2017)
AdestradorFinlandia Saku Martikainen
CoresAzul, branco e vermello
                 

Historia editar

En 1929 fundouse o club deportivo Savonlinnan Pallokerho. Inicialmente estaba formado por dúas seccións: fútbol e bandy, mais dende os anos '60 o hóckey sobre xeo converteuse no principal deporte.

Nos anos sesenta, o SaPKo xogou durante catro tempadas na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, mais en 1971 descendeu á Suomi-sarja. En 1974 creouse a nova Primeira División e o SaPKo foi un dos equipos que participou na tempada inaugural. O SaPKo asentouse como equipo da I-divisioona excepto por algunha visita pola Segunda División. En 1968 o equipo conseguiu chegar ata a final da Suomen Cup, mais caeu fronte ao Koo-Vee por 10-2.

O seguinte grande éxito do club chegou na tempada 1994-95, cando realizou unha gran tempada regular con equipos como o capitán da selección canadense Brian Tutt e conseguiu disputar a promoción de ascenso á máxima categoría, a SM-liiga. Xogou o play-off de ascenso fronte ao Ilves de Tampere, mais non puido acadar o ascenso. Logo deste éxito comezou unha caída que culminou co descenso á Suomi-sarja. A finais da tempada 2005-06, o SaPKo conseguiu finalmente a promoción á segunda categoría, a Mestis.

Durante anos o club loitou coas dificultades financeiras, que durante a tempada 2021-22 tentáronse solventar con medidas como a venda de bufandas a 50 euros ou cunha subvención de 50 000 euros da propia cidade de Savonlinna, que por motivos xudiciais nunca chegou ao club. O 21 de xuño de 2022, logo da xunta xeral da entidade, revelouse que esta tiña unha débeda total algo inferior aos 230 000 euros e tomouse a decisión de declarar o equipo en bancarrota.[1] Finalmente, o 22 de xuño a directiva de Savonlinnan Pallokerho Oy fixo oficial que o equipo se declaraba en bancarrota ao considerar que as súas operacións non eran viables a causa dos recursos financeiros insuficientes.[2] Tamén se sinalou que probablemente o equipo representativo comezaría nos niveis inferiores nalgún momento.[1]

Xogadores editar

Números retirados editar

Números retirados de SaPKo
Xogador
2 Paavo Tirkkonen
3 Jyrki Turunen
5 Ahti Ruohoaho
10 Raimo Turkulainen
22 Pekka Tirkkonen
35 Jarmo Myllys

Xogadores destacados editar

   

Xogadores na NHL editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Huikuri, Samuli (21 de xuño de 2022). "Itä-Savo: Savonlinnan Pallokerho hakeutuu konkurssiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 29 de agosto de 2022. 
  2. "SAVONLINNAN PALLOKERHO OY HAKEUTUU KONKURSSIIN" (en finés). SaPKo.fi. 22 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2022. Consultado o 29 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar