Savielly Tartakower


Ksawery Tartakower (en ruso, Савелий Григорьевич Тартаковер), nado en Rostov-on-Don (Rusia) o 22 de febreiro de 1887 e finado en París o 4 de xaneiro de 1956, foi un destacado Gran Mestre Internacional polonés e francés de xadrez. Era coñecido como Saviely ou Savielly, do polaco Sawielly, que significa "pequeno Saul"; ou menos frecuentemente Xavier Tartacover ou Xavier Tartakover.

Infotaula de personaSavielly Tartakower

Savielly Tartakower
Nome orixinal(fr) Xavier Tartakover Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1887
Rostov-on-Don Rusia Rusia
Morte4 de xaneiro de 1956
París Francia
Lugar de sepulturaCimetière parisien de Pantin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonesa Polonia Francesa Francia
EducaciónCollège Calvin
Universidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Membro de
MovementoEscola hipermoderna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua francesa, lingua alemá, Lingua yiddish e lingua polaca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPolonia
Francia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaGrande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1950) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1950Olimpíada de xadrez de 1950 (pt) Traducir
1939Olimpíada de xadrez de 1939 (pt) Traducir
1937Olimpíada de xadrez de 1937 (pt) Traducir
1935Olimpíada de xadrez de 1935 (pt) Traducir
1933Olimpíada de xadrez de 1933 (pt) Traducir
1931Olimpíada de xadrez de 1931 (pt) Traducir
1930Olimpíada de xadrez de 1930 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

WikiTree: Tartakower-1

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu nunha familia de orixe xudía polonesa. Á idade de doce el e a súa familia deixaron Rusia para trasladarse ao Imperio Austrohúngaro. Finalmente establecéronse en Viena, onde Tartakower viviu a súa mocidade. Graduouse nas escolas de leis das universidades de Xenebra e Viena. Durante os seus estudos interesouse no xadrez e comezou a frecuentar reunións de xogadores nos cafés vieneses. Alí tivo oportunidade de enfrontarse con algúns dos máis grandes xadrecistas do seu tempo, entre eles Carl Schlechter, Geza Maroczy (fronte ao cal gañaría a súa partida máis brillante)[1], Milan Vidmar e Richard Réti. O seu primeiro gran logro foi o título maior nun torneo en Nuremberg en 1906. Tres anos despois conseguiu o segundo lugar no torneo de Viena, unicamente perdendo fronte a Réti.

Durante a primeira guerra mundial foi chamado a filas no exército austro-húngaro e serviu como oficial de staff en varias posicións. Ao finalizar a guerra emigrou a Francia e estableceuse en París. A pesar de que Tartakower nin sequera falaba o polonés, logo de que Polonia recuperou a súa independencia en 1918 aceptou a cidadanía deste país e transformouse nun dos seus máis importantes embaixadores honoríficos.

Carreira profesional editar

 
Savielly Tartakower e Edward Lasker.

En Francia decidiu dedicarse á práctica profesional do xadrez. Tamén comezou a traballar para varias publicacións relacionadas co tema. Escribiu varios libros na materia, o máis famoso dos cales, Die hypermoderne Schachpartie (O xogo de xadrez hipermoderno) foi publicado en 1924 e tivo case cen reedicións desde entón. Tartakower tamén participou en moitos dos encontros máis importantes da época. En 1927 e 1928 gañou dous torneos en Hastings e compartiu o primeiro posto con Aaron Nimzowitsch na competición de Londres. Nesta última ocasión puido imporse sobre notables xadrecistas como Frank Marshall, Milan Vidmar e Yefim Bogolubov. En 1930 gañou o torneo de Liexa, batendo a Mir Sultan Khan por dous puntos. Tamén superou a Akiba Rubinstein, Nimzowitsch e Marshall, entre outros.

Na década de 1930 Tartakower representou a Polonia en seis olimpíadas de xadrez, obtendo tres medallas individuais (ouro en 1931 e bronce en 1933 e 1935), e cinco medallas grupais (ouro, dous de prata e dúas de bronce). Foi un dos principais organizadores da Olimpíada de Xadrez de Varsovia 1935. Tamén gañou o campionato polaco dúas veces, en 1935 (Varsovia]) e 1937 en Jurata).

En 1939 o comezo da segunda guerra mundial sorprendeuno en Buenos Aires, onde se atopaba xogando na Oitava Olimpíada de Xadrez en representación de Polonia, nun equipo no que figuraban, entre outros, Mieczyslaw Najdorf. Najdorf sempre se referiu a Tartakower como "o meu mestre".

Últimos anos editar

Logo dunha curta estadía na Arxentina decidiu retornar a Europa. Arribou a Francia pouco antes do colapso a mans alemás en 1940. Baixo o falso apelido Cartier uniuse ás forzas do xeneral Charles de Gaulle. Logo da segunda guerra mundial e o ascenso do poder comunista en Polonia, Tartakower adoptou a cidadanía francesa. Representou a este país nas olimpíadas de xadrez de 1950. A FIDE instituíu o sistema de títulos oficiais ese mesmo ano; Tartakower estivo no primeiro grupo de xogadores en recibir a honra de Gran Mestre Internacional.

Personalidade e contribucións editar

 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Defensa Tartakower no Ganbito de dama rexeitado

Tartakower é recoñecido como unha das máis grandes personalidades xadrecísticas do seu tempo. Harry Golombek, quen traduciu o libro de Tartakower sobre os seus mellores xogos, escribiu a introdución:

O Dr. Tartakower é por moito o máis culto e enxeñoso de todos os mestres xadrecistas que coñecín. A súa moi centrada mentalidade e o seu natural enxeño fan da súa conversación un constante pracer. Tanto é así que considero que Tartakower é unha das máis brillantes atraccións que un torneo internacional pode depararme. A súa charla e pensamento aseméllanse a unha modernizada mestura de Spinoza e Voltaire; e con esta todo un toque de paradoxal orixinalidade que é esencialmente Tartakower
Harry Golombek

Talentoso xogador, foi tamén coñecido polos seus incontables aforismos, ás veces alcumados Tartakoverismos. Unha das variacións da defensa danesa é chamada na súa honra. A defensa Tartakower, tamén coñecida como o sistema Tartakower-Makogonov-Bondarevsky, tamén leva o seu nome. Crese que é o inventor da apertura do orangután (1.b4...), chamada así logo de que Tartakower quedase encantado cun gran simio do Zoolóxico de Nova York que coñeceu nunha visita durante o gran torneo de 1924.

Obra editar

  • 500 Master Games of Chess by Savielly Tartakower and Julius du Mont (Cincocentos xogos maxistrais de xadrez, por S. G. Tartakower e J. du Mont(en galego)). Dover Publications, 1 de xuño de 1975, ISBN 0-486-23208-5.
  • Bréviaire des échecs, un dos textos básicos máis recoñecidos no idioma francés.
  • Tartakover, S.G. (1924). Die hypermoderne schachpartie. Wiener schachzeitung. Arquivado dende o orixinal o 9 xullo 2013. 
  • My Best Games Of Chess 1905-1954 by S.G. Tartakower (As miñas mellores partidas de xadrez 1905-1954, por S. G. Tartakower (en galego). Dover Publications, 1985, ISBN 0-486-24807-0. A lembranza definitiva da carreira de Tartakower, escrita no seu estilo característico.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar