Save the Children

Save the Children é unha organización non gobernamental (ONG) fundada en 1919 coa misión de defender e promover os dereitos da infancia.

Save the Children
Logo
TipoOrganización non gobernamental, organización internacional e entidade filantrópica
Área de operaciónTerra
Data de fundación1919
Fundador(es)Eglantyne Jebb e Dorothy Buxton
Director/aInger Ashing e Helle Thorning-Schmidt
Nº de empregados25.000 (2023) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariaSave the Children Germany e Redd Barna
PremiosAnnette Thommessens minnepris, Premio Príncipe de Asturias da Concordia e DZI Seal-of-Approval
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
https://www.savethechildren.net/
Facebook: savethechildrenuk Twitter: savechildrenuk Instagram: savechildrenuk Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Foi fundada na cidade de Londres en 1919 por Eglantyne Jebb e a súa irmá Dorothy Buxton como unha organización coa que pretendían recadar diñeiro para dedicalo ás consecuencias que a primeira guerra mundial causara sobre os nenos.

Foi a primeira ONG independente adicada á infancia. Actualmente está presente en 29 países,[1] formando a Alianza Internacional Save the Children. Traballa, no marco da Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptada polas Nacións Unidas, nas áreas que afectan: educación, saúde, nutrición, traballo infantil, prevenció de abusos sexuais, reunificación de familias despois de catástrofes e guerras etc.[1]

En 1994 foi galardoada, xunto coas ONG Mensajeros de la Paz e Movimento Nacional de Meninos e Meninas de Rua, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Save the Children España". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar