Saul Bellow

escritor norteamericano


Saul Bellow, nado en Lachine (Québec) o 10 de xuño de 1915 e finado en Brookline (Massachusetts) o 5 de abril de 2005, foi un escritor norteamericano de orixe xudía. Naceu no Canadá, pero viviu desde pequeno nos Estados Unidos. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1976.

Infotaula de personaSaul Bellow

Saul Bellow e Dejan Stojanovic en 1992.
Nome orixinal(en) Saul Bellow Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Solomon Bellows Editar o valor em Wikidata
10 de xuño de 1915
Lachine, Canadá
Morte5 de abril de 2005 (89 anos)
Brookline, Massachusetts, Estados Unidos
Lugar de sepulturaMorningside Cemetery (en) Traducir
Brattleboro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xuíz do Premio Booker
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBrookline (pt) Traducir (1993–2005)
Montreal Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Northwestern (pt) Traducir - socioloxía, antropoloxía (–1937)
Universidade de Chicago (1933–)
Roberto Clemente Community Academy (en) Traducir
Universidade de Wisconsin-Madison
Camp B'nai Brith (en) Traducir
Weinberg College of Arts and Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , ensaísta , profesor universitario , novelista , autor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nova York
Universidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1989–2005), morte da persoa
Alexandra Bellow (pt) Traducir (1974–1985), divorcio
valor descoñecido (1961–1964), divorcio
valor descoñecido (1956–1959), divorcio
valor descoñecido (1937–1956), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosAdam Bellow (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0069231 IBDB: 8617
Musicbrainz: 43984651-8573-4b2d-b64d-40cc4e1dfb0f Discogs: 2674889 WikiTree: Bellows-203 Find a Grave: 10725873 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia xudía de orixe rusa. Aos 9 anos a súa familia trasladouse a Chicago. Participou como soldado na segunda guerra mundial, estudou na Universidade de Northwestern e foi profesor da de Chicago. Estivo casado en cinco ocasións. Considéraselle un referente dentro do grupo de escritores norteamericanos de relixión xudía da segunda metade do século XX.

A súa primeira novela, Dangling man (1944), reflicte a ansiedade e a preocupación dun mozo que espera ser mobilizado en tempo de guerra. A esta primeira novela seguiulle The victim (1947). Tras obter unha bolsa da fundación Guggenheim, Bellow viviu durante un tempo en Europa, onde escribiu a maior parte de The Adventures of Augie March (1953). Esta novela, un longo relato libremente estruturado cun heroe propio da picaresca, ofrece un vivo e humorístico retrato da comunidade xudía de Chicago a través dun mozo en busca da súa identidade. A humanidade moderna, ameazada con perder a súa identidade pero aínda non destruída espiritualmente, é o tema das súas obras posteriores, Seize the Day (1956) e Henderson the Rain King (1959). Herzog (1964) e Mr. Sammler's Planet (1970), galardoadas co National Book Award (Premio Nacional do Libro), retratan aos intelectuais xudeus na súa loita contra o malestar espiritual que os rodea.

Pulitzer e Nobel editar

Bellow recibiu o Premio Pulitzer en 1976 por Humboldt's Gift (1975) e tres meses máis tarde foi laureado co Premio Nobel de Literatura (1976) pola comprensión e análise sutil que realiza da sociedade contemporánea nos seus traballos. O autor prosegue a súa análise da cultura contemporánea en The Dean's December (1982). Bellow dominou o escenario da ficción americana, en especial o do romance xudeu-americano na posguerra. O seu traballo expresa a ascensión da sensibilidade dos inmigrantes xudeus a un lugar de poder e visión na América urbana contemporánea, ben como a angustia moral daqueles que se viron como "superviventes" do Holocausto - como Sammler, heroe de seu libro Mr. Sammler's Planet.

Obras editar

Ficción editar

  • Dangling Man (1944)
  • The Victim (1947)
  • The Adventures of Augie March (1953)
  • Seize the Day (1956)
  • Henderson the Rain King (1959)
  • Herzog (1964)
  • Mosby's Memoirs (contos que aparecen tamén en Collected Stories) (1968)
  • Mr. Sammler's Planet (1970)
  • Humboldt's Gift (1975), co que gañou o Pulitzer de 1976
  • The Dean's December (1982)
  • Him with His Foot in His Mouth (contos que aparecen tamén en Collected Stories) (1984)
  • More Die of Heartbreak(1987)
  • A Theft (1989)
  • The Bellarosa Connection (1989)
  • Something to Remember Me By: Three Tales (cos contos A Theft e The Bellarosa Connection) (1991)
  • The Actual (1997)
  • Ravelstein (2000)
  • Collected Stories (2001)

Ensaios editar

  • To Jerusalem and Back (1976)
  • It All Adds Up (1994)
  • Graven Images (1997)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Site Nobel con dous discursos (un gravado) e biografía.