Sarah Jane Rees

poetisa británica

Sarah Jane Rees, coñecida co nome bárdico de Cranogwen, nada en Llangrannog o 9 de xaneiro de 1839  e finada en Cilfynydd27 de xuño de 1916, foi unha activista a prol da temperanza, editora, profesora e poeta galesa, editora da revista Y Frythones, a segunda revista galesa para mulleres.

Infotaula de personaSarah Jane Rees

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1839 Editar o valor em Wikidata
Llangrannog Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1916 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Cilfynydd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGales Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , escritora , editora literaria Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCranogwen Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Rees-3697

Traxectoria editar

Naceu na granxa "Dolgoy Fach" situada na localidade costeira de Llangrannog, alí estudou na súa escola rural[1], e tras un curto período en Alberteifi, concordou con quince anos en ir traballar ao mar co seu pai. Durante dous anos andou embarcada como mariñeira[2] no navío de seu pai que navegaba entre Gales, Inglaterra e Francia. Logo estudou en diversos lugares antes de obter o seu certificado en navegación en Londres algo pouco frecuente para unha muller na época.

 
Y Frythones, editado por Rees na súa primeira época

Rees non casou nunca, tivo unha amizade romántica con Fanny Rees, que morreu de tuberculose e á que lle dedicou o  poema "Fy Ffrynd". Este tipo de amizade entre mulleres era algo aceptado polas ideas vitorianas sobre sexualidade, que non asumía a existencia do lesbianismo. E aínda que o poema suxire algo máis que amizade, e anos despois desenvolveu unha relación semellante con Jane Thomas coa que viviu vinte anos, non é posible saber se estas relacións tiñan contido sexual e malia a fonda relixiosidade de Rees xamais amosou vergonza ou temor ao pecado por estas relacións [3].

Actividade docente (1860-66) editar

En 1860 volveu á súa parroquia natal, para dar clase de navegación na aldea de Pontgarreg. Era unha rapaza nova, de 21 anos e aínda que tivo algúns problemas ao primeiro axiña gañou o respecto da comunidade.

Eisteddfod, profesora e activista (1865-1879) editar

Cranogwen fíxose coñecida no país de Gales por primeira volta ao gañar un premio polo poema "Y Fodrwy Briodasol" no Eisteddfod de 1865, foi a primeira muller en gañar un Eisteddfod nacional, batendo a ben coñecidos bardos como John Ceiriog Hughes ou William Thomas (Islwyn). Como consecuencia reclamárona de diversos puntos de Gales para dar conferencias sobre temperanza, educación e outros temas. Eran os anos posteriores ao rexurdimento metodista de 1859, época na que se enchían as capelas de predicadores e conferenciantes e Cranogwen fíxose tan popular que deixou a escola en 1866 malia o infrecuente que era para unha muller predicar en público. Así e todo, a súa popularidade continuou e en 1869 aceptou ir aos Estados Unidos, disertando entre as comunidades galesas ao longo do país durante un ano. Á volta publicou o libro de poemas Caniadau Cranogwen (1870)[4].

Y Frythones (1879-1889) editar

En 1879 fundou a revista Y Frythones, a segunda revista feminina galesa, despois de Y Gymraes que dirixira Ieuan Gwynedd ata o seu peche en 1852. A diferenza da primeira, na publicación dirixida por Rees a maioría dos colaboradores eran mulleres[5], e Rees sentíase responsable da aprendizaxe das mulleres, con numerosos artigos de consellos e unha columna regular de preguntas e respostas. Dende a revista tamén encoraxou as mulleres para que escribisen, coa columna regular Ein Gohebwyr, aberta ás lectoras e con competicións mensuais. Aínda que Rees se retirou dos labores editorias en 1889[6], a revista mantívose ata 1891.

Activismo a prol da temperanza (1880-1916) editar

A temperanza foi unha tema que apareceu numerosas veces na revista durante a súa época de editora. En marzo de 1901 estivo entre as fundadoras da Unión de Mulleres do Sur de Gales pola Temperanza e foi a súa secretaria durante quince anos. Pouco antes da súa morte, en xuño de 1916, estableceu un refuxio para as mulleres con problemas de alcoolismo

Notas editar

  1. "Noted Welshwoman: Death of Cranogwen". The Cambrian News. 30 de xuño de 1916. 
  2. Deirdre Beddoe "Rees, Sarah Jane [pseud. Cranogwen] (1839–1916)" Oxford Dictionary of National Biography
  3. Jane Aaron "Gender difference is nothing’: Cranogwen and Victorian Wales" in  Huw Osborne (2016) Queer Wales: The History, Culture and Politics of Queer Life in Wales. University of Wales Press
  4. Carradice, Phil (25 de abril de 2013). "Sarah Jane Rees, Schoolteacher and Poet". BBC Wales. 
  5. John T. Koch (2006) Celtic Culture: A Historical Encyclopedia vol. I. ABC-CLIO, p. 1787
  6. Jane Aaron (2010) Nineteenth-Century Women's Writing in Wales: Nation, Gender and Identity University of Wales Press, p. 132