Sarah Agnes James, nada en 1946, é unha Neets'aii Gwich'in nativa de Arctic Village, Alasca, Estados Unidos, e membro do consello do International Indian Treaty Council. Recibiu o premio Ambiental Goldman en 2002 xuntamente con Jonathon Solomon e Norma Kassi. Recibiron o premio polo seu combate pola protección do Refuxio Nacional de Vida Salvaxe do Ártico (ANWR) contra os plans de exploración e perforación de petróleo. A exploración de petróleo e gas perturbaría o ciclo de vida do caribú Porcupine, que foi a base da cultura Gwich'in durante 20.000 anos.

Infotaula de personaSarah James
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Fort Yukon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Premios

Política e presións editar

En novembro de 1969, James xuntouse a un grupo de estudantes indíxenas liderados polo activista Mohawk Richard Oakes que ocupou a antiga illa-prisión de Alcatraz en San Francisco, CA.[1]

Na década de 1990, James visitou comunidades en paíse de América do Sur (Brasil, Ecuador, Nicaragua e Guatemala), falando polos menos privilexiados. Tamén apareceu en programas de televisión (CNN, MacNeil-Lehrer, CBS). Máis tarde foi a Washington, tentando esclarecer conceptos que eles cren que as empresas de petróleo terxiversan, e avogando pola preservación do Refuxio Nacional de Vida Salvaxe do Ártico.[2]

Recoñecementos editar

En 1993 recibiu a Alston Bannerman Fellowship.[3] En 2001, recibiu o premio "Liderazgo para un Mundo en Cambio" concedido a líderes notábeis pero pouco coñecidos.[4] En 2002, recibiu o premio Medioambiental Goldman para "ambientalistas de base", xuntamente con Jonathon Solomon Sr. e Norma Kassi.[5] Tamén recibiu o premio do National Conservation Land Trust en 2002. En 2004, recibiu o "Premio Ecotrust para o Liderazgo Indíxena", e en 2006 gañou da Fundación de Conservación de Alasca o "Premio Celia Hunter para Conservadores Excepcionais".[6][7]

Notas editar

  1. Harball, Elizabeth (2019-07-17). "'We're never going to surrender' - Sarah James on a life fighting oil drilling in the Arctic Refuge" (en inglés). Consultado o 2020-07-13. 
  2. Bert Gildart: "The power of one in a remote land" The Christian Science Monitor (Consultado o 30 de decembro de 2007)
  3. "What Fellows Say". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 2020-07-12. 
  4. "Womens Hall of Fame Sarah Agnes James » » Alumnae" (en inglés). Consultado o 2020-07-12. 
  5. "Sarah James & Norma Kassi & Jonathon Solomon" (en inglés). Consultado o 2020-07-12. 
  6. "2004 Ecotrust Indigenous Leadership Award Honoree: Sarah James". Consultado o 2020-07-12. 
  7. "All Award Recipients | Alaska Conservation Foundation" (en inglés). Consultado o 2020-07-12.