Sapas Mons é un gran volcán situado na rexión Atla Regio de Venus. As dimensións de Sapas Mons son duns 400 kms de ancho e dun 1,5 de alto (respecto do terreo circundante).[2] Os seus flancos amosan numerosos regueiros de lava superpostos. Pensase que os regueiros escuros na parte inferior dereita da imaxe de radar da caixa de información son máis suaves cós brillantes regueiros preto da area central do volcán. Moitos destes regueiros semellan ter erupcionado directamente dos flancos do volcán, no canto de semellar ter erupcionado dende o dobre cumio do volcán. Este tipo de erupción lateral é moi común nos volcáns de gran tamaño da Terra, así coma nos volcáns de tipo hawaiano.

Sapas Mons
Imaxe de radar de Sapas Mons
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 217 km[1]

400 km (incluíndo estruturas coma os regueiros e outras)[2]

Altitude 1,5 km (respecto do terreo circundante)


4,5 km (respecto da elevación media de Venus)[2]

Coordenadas 8,5° N 188,3° E[1]
Procedencia do nome deusa fenicia do comercio e as viaxes.[1]

A área do cumio ten dous outóns suaves ou mesas, os cales danlle ó cumio unha aparencia relativamente escura nas imaxes de radar. Preto do cumio pódense ver un grupo de fosas, algúns de máis dun quilómetro de ancho. Posiblemente estas fosas formáronse cando as cámaras magmáticas subterráneas se drenaron cara ao interior, levando ó colapso ós teitos destas cámaras magmáticas. Pódese contemplar un cráter de impacto duns 20 km de diámetro no noroeste do volcán que está parcialmente borrado polos regueiros de lava. Pouco se sabía da rexión Atla Regio antes da chegada da sonda Magallanes. Os novos datos adquiridos en febreiro de 1991, amosaban a rexión con polo menos cinco grandes volcáns semellantes a Sapas Mons, os cales están ligados a complexos sistemas de facturas e áreas con rifts. Atla Regio é seguramente o resultado de xigantescas masas de material quente que se achegaron á codia de Venus, procedentes do propio manto do planeta, fenómeno semellante ó dos puntos quentes da Terra.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Mons, montes: Sapas Mons on Venus". Consultado o 16-11-2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 JPL/NASA. "Venus - Three Dimensional Perspective View of Maat Mons". Consultado o 16-11-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar