Santos Oujo

Enxeñeiro e político galego.

Santos Oujo Bello, nado en Ribeira o 20 de xuño de 1943[1], é un enxeñeiro e político galego.

Infotaula de personaSantos Oujo
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comeza os seus estudos no Colexio de "El Pilar", na súa vila natal. Realizou o bacharelato no Colexio Peleteiro de Santiago e estuda Enxeñería Superior de Telecomunicacións, facendo o posgraduado no ICADE.[2]

Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdeG-PSOE (1993-1999). Foi un dos fundadores de Coalición Galega e conselleiro de Industria, Comercio e Turismo entre 1987 e 1990. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.


Predecesor:
Luciano Asorey
  
Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo
 
1987 - 1990
Sucesor:
Juan Fernández García

Vida persoal editar

Casou con Esperanza Canal Yubero.

Notas editar

  1. Porteiro, María X.; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro parlamento galego. Col. Montes e fontes nº23. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 258. ISBN 84-7507-044-2. 
  2. Porteiro, María X.; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro parlamento galego. Col. Montes e fontes, nº 23. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 260. ISBN 84-7507-044-2.