Santillana

futbolista español

Carlos Alonso González, máis coñecido como Santillana, nado o 23 de agosto de 1952 en Santillana del Mar (Cantabria), é un ex-futbolista e actual empresario. O seu alcume provén da localidade cántabra na que naceu.

Santillana
Información persoal
Nome Carlos Alonso González
Nacemento 23 de agosto de 1952
Lugar de nacemento Santillana del Mar
Altura 1,75
Posición dianteiro
Na rede
FIFA: 44602 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar profesionalmente no Racing de Santander, porén cando tiña 19 anos fichou polo Real Madrid.

No club madrileño transcorreu o resto da súa carreira futbolística, disputando 800 encontros oficiais, tras os cales se retirou do fútbol en activo xa comezada a tempada 1987/88, con 36 anos.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España, disputando 56 encontros e marcando 15 goles. Coa selección competiu en dous mundiais, Arxentina en 1978 e España en 1982, e na Eurocopa de 1984.

Tamén participou no histórico encontro contra a Selección de fútbol de Malta, no que España debía gañar por 11 goles para clasificarse. Finalmente o encontro rematou cun 12-1, con catro goles de Santillana.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar