Santiago das Caldas, Ourense

parroquia civil do concello de Ourense

Santiago das Caldas é unha parroquia do concello de Ourense. Hoxe é unha parroquia totalmente urbana, situada á marxe dereita do río Miño. Ten uns 20.000 habitantes.

Santiago das Caldas
ConcelloOurense[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°20′55″N 7°52′14″O / 42.34869444, -7.87055556Coordenadas: 42°20′55″N 7°52′14″O / 42.34869444, -7.87055556
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A parroquia pertencía ó Coto de San Miguel de Canedo. Comprende a entidade de poboación que en tempos se coñecía como Ponte Canedo, o núcleo principal do antigo Concello de Canedo que en 1943 quedou anexionado ó Concello de Ourense. Desta parroquia e debido os incrementos demográficos e a expansión da cidade foron segregadas dúas zonas como parroquias eclesiásticas novas: en 1954 a de Santa Ana do Pino e en 1969 a de Santa Teresita (no Vinteún e barrios adxacentes).

Patrimonio editar

A igrexa parroquial primitiva estaba ó lado do cemiterio das Caldas, pero foi substituída por un templo novo, sito na Avenida das Caldas, inaugurado o 28 de novembro de 1920. Foi o seu autor o arquitecto vasco Xosé María de Basterra, quen se atopaba en Ourense neses anos reformando o Seminario de San Fernando. É o autor da igrexa dos xesuítas e da igrexa de Nosa Señora de Begoña, ambos en Bilbao. Os seus deseños están inspirados na arquitectura gótica. Os retablos son do escultor galego Máximo Magariños.

Servizos editar

Na parroquia localízanse a estación principal de ferrocarril de Ourense (coñecida como Estación de Ourense - Empalme), a estación de autobuses, a comisaría da policía local, o campo da feira, o parque de bombeiros, diversos centros educativos, un Centro de Saúde e as Burgas das Caldas (rebautizadas modernamente como Termas da Chavasqueira).

Lugares e parroquias editar

Lugares de Santiago das Caldas editar

Lugares da parroquia de Santiago das Caldas no concello de Ourense

Bobadela | Casteadona | O Paraíso | Pombal | Reza Vella

Parroquias de Ourense editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar