Santiago Cazorla

futbolista español

Santiago Cazorla González, nado en Lugo de Llanera (Asturias) o 13 de decembro de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Oviedo, da Segunda División.

Santi Cazorla
Cazorla xogando co Arsenal en 2012
Información persoal
Nome Santiago Cazorla González
Nacemento 13 de decembro de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Lugo de Llanera
Altura 1,68 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Oviedo
Carreira xuvenil
1992–1996 Covadonga
1996–2003 Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Oviedo B
2003–2006 Villarreal B 40 (4)
2003–2006 Villarreal 54 (2)
2006–2007 Recreativo 34 (5)
2007–2011 Villarreal 127 (23)
2011–2012 Málaga 129 (25)
2012–2018 Arsenal 129 (25)
2018–2020 Villarreal 70 (15)
2020–2023 Al Sadd 55 (23)
2023– Oviedo 0 (0)
Selección nacional
2004–2006 España sub-21 7 (0)
2008–2019 España 81 (15)
Na rede
IMDB: nm5521981 Twitter: 19SCazorla FIFA: 297705 UEFA: 72644 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16 de agosto de 2023.
Selección: actualizado a 16 de agosto de 2023.editar datos en Wikidata ]

Foi 81 veces internacional coa selección española, coa que gañou as Eurocopas de 2008 e 2012.[1]

Traxectoria editar

Santi Cazorla iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Club Deportivo Covadonga e pasou logo nove anos no Real Oviedo e un ano cedido ao Astur Club de Fútbol. En 2003, logo do descenso do Real Oviedo, Cazorla ficha polo Villarreal. Pasou as seguintes tres tempadas no equipo. Marcou 4 goles na Copa da UEFA e xogou 2 partidos da Liga de Campións.

No verán de 2006 é traspasado ao Recreativo de Huelva con opción de recompra por parte do Villarreal. O 17 de xullo de 2006 é presentado no seu novo equipo, no que xogaría unha tempada. Na tempada 2007/08 Cazorla ficha novamente polo Villarreal.

No verán de 2008, varios clubs europeos interésanse polo xogador asturiano, como o AS Roma ou o Real Madrid, pero finalmente Cazorla opta por renovar o seu contrato por catro anos co Villarreal.

No verán de 2011 víñase especulando coa súa posible fichaxe polo Málaga CF, feito que se materializou definitivamente entre ambos os clubs o 26 de xullo. O prezo da fichaxe foi de ao redor de 20 millóns de euros.[2]

Selección nacional editar

Foi 7 veces internacional coa selección española sub-21. O 17 de maio de 2008, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés coa selección absoluta para a Eurocopa 2008 disputada en Austria e Suíza. Debutou o 31 de maio de 2008 en Huelva nun amigábel contra Perú, e o 10 de xuño debutou en partido oficial en Innsbruck contra Rusia. O xogador marcou nos penaltis do partido de cuartos de final e tamén disputou a final da Eurocopa na que España gañou a Alemaña con gol de Fernando Torres.

Unha lesión impediu que fora convocado para o Mundial de Suráfrica de 2010, pero foi novamente convocado para o amigábel contra México do 5 de agosto de 2010.

Tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, na que España volveu conquistar o título de campioa de Europa.

Palmarés editar

Villarreal
Arsenal
Al Sadd
Selección española

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar